Ruptura sino-soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m →‎Orixes: arranxos de lingua
Liña 6:
As raíces do conflito entre os comunistas chineses e os soviéticos remontanse ao momento en que [[Mao Tse Tung]] se converteu no líder do [[Partido Comunista de China|Partido Comunista da China]] (ZG) contra as preferencias da URSS, que até aquel momento controloaba o ZG a través da [[Terceira Internacional]]. Mao tiña deseñado unha adaptación chinesa do [[marxismo-leninismo]], baseándose máis no campesiñado que no proletariado industrial, e dando orixe a unha nova concepción da construción comunista denominada [[Nova democracia (concepto)|Nova Democracia]]. Na loita polo poder que se escenificou durante a [[Longa Marcha]], Mao Tse Tung tornouse o líder indiscutíbel do [[comunismo]] chinés, por diante de [[Bo Wu]] e [[Wang Ming]], apoiados por [[Moscova]].
 
Coa vitoria do comunismo na [[Guerra Civil chinesa]] en [[1949]], e malia a animadversión que [[Stalin]] e [[Mao Tse Tung]] se profesaban mutuamente, os dous Estados comunistas necesitábanse. Pola parte soviética, a vitoria da revolución chinesa era vista como un avanzoavance fundamental no proceso de expansión mundial do comunismo ([[República Popular da China|China]] era xa o país máis populoso do mundo), e, polo tanto, como unha vitoria da propia URSS ao liderar o movemento proletario internacional. Pola parte chinesa, a [[URSS]] da época de [[Stalin]] aparecía como a superpotencia comunista á que recurrirrecorrer, especialmente tras a [[Guerra de Corea]], que bloqueara as relacións con [[Occidente]].
 
== Desenvolvemento do conflito ==