Diferenzas entre revisións de «NF-κB»

En células non estimuladas, os [[dímero]]s de NF-κB son secuestrados no [[citoplasma]] por unha familia de inhibidores, chamados IκBs (inhibidores de κB), os cales son proteínas que conteñen múltiples copias dunha determinada secuencia, chamadas “[[repetición de anquirina|repeticións de anquirina]]”. Con estes dominios, as proteínas IκB enmascaran a [[sinal de localización nuclear|secuencia de localización nuclear]] (NLS) das proteínas NF-κB e mantéñenas secuestradas nun estado de inactivación no citoplasma.<ref name="pmid9865693">{{Cita publicación periódica | autor = Jacobs MD, Harrison SC | título = Structure of an IκBalpha/NF-κB complex | revista = Cell | volume = 95 | número = 6 | páxinas = 749–58 | ano = 1998 | pmid = 9865693 | doi = 10.1016/S0092-8674(00)81698-0}}</ref>
As '''IκBs''' forman unha [[familia de proteínas]] relacionadas, que teñen un dominio N-terminal regulador, seguido por seis ou máis repeticións de anquirina e un dominio [[PEST]] preto do seu extremo C-terminal. Aínda que a familia das IκB consta de [[IκBα]], [[IκBβ]], [[IκBε]], e [[Bcl-3]], a IκB principal e máis estudada é a IκBα. Debido á presenza de repeticións de anquirina nas súas metades C-terminais, p105 e p100 tamén funcionan como proteínas IκB. A metade C-terminal de p100, que a miúdo se denomina IκBδ, tamén funciona como inhibidor. <ref name="PMID: 17254973">{{Cita publicación periódica | autor = Basak S, Kim H, Kearns JD, Tergaonkar V, O'dea E, Werner SL, Benedict CA, Ware CF, Ghosh G, Verma IM, Hoffmann A | título = A fourth IκB protein within the NF-κB signaling module | revista = Cell | volume = 128 | número = 2 | páxinas = 369–81 | ano = 2007 | pmid = 17254973 | doi=10.1016/j.cell.2006.12.033 | pmc = 1831796}}.</ref><ref name="pmid7898917">{{Cita publicación periódica | autor = Dobrzanski P, Ryseck RP, Bravo R | título = Specific inhibition of RelB/p52 transcriptional activity by the C-terminal domain of p100 | revista = Oncogene | volume = 10 | número = 5 | páxinas = 1003–7 | ano = 1995 | pmid = 7898917 | doi =}}</ref> A degradación de IκBδ en resposta a estímulos de desenvolvemento, como aqueles transducidos a través de [[LTβR]], potencia a activación do dímero NF-κB a través dunha vía non canónica dependente de NIK. <ref name="PMID: 17254973"/><ref name="pmid16195333">{{Cita publicación periódica | autor = Lo JC, Basak S, James ES, Quiambo RS, Kinsella MC, Alegre ML, Weih F, Franzoso G, Hoffmann A, Fu YX | título = Coordination between NF-κB family members p50 and p52 is essential for mediating LTbetaR signals in the development and organization of secondary lymphoid tissues | revista = Blood | volume = 107 | número = 3 | páxinas = 1048–55 | ano = 2006 | pmid = 16195333 | doi = 10.1182/blood-2005-06-2452 | pmc = 1895903}}</ref>
A activación do NF-κB comeza pola degradación inducida por sinal de proteínas IκB. Isto ocorre principalmente mediante a activación dunha [[quinase]] chamada [[IκB quinase]] (IKK). A IKK está formada por un heterodímero das subunidades catalíticas de IKK alfa e IKK beta e por unha proteína reguladora “mestra” chamada [[NEMO]] (modulador esencial do NF-κB) ou IKK gamma. Cando se activa por sinais, normalmente procedentes de fóra da célula, a IκB quinase [[fosforilación|fosforila]] dous residuos de [[serina]] localizados nun dominio IκB regulador. Unha vez fosforiladas estas serinas (por exemplo, as serinas 32 e 36 na IκBα humana), as moléculas do inhibidor IκB son modificadas por un proceso chamado [[ubiquitina]]ción, que despois as leva a ser degradadas por unha estrutura celular chamada [[proteasoma]].
185.637

edicións