Diferenzas entre revisións de «NF-κB»

== Estrutura ==
 
Todas as proteínas da familia dos NF-κB comparten un [[dominio proteico|dominio]] de homoloxía Rel no seu extremo [[N-terminal]]. Unha [[subfamilia de proteínas]] NF-κB, entre as que están a RelA, RelB e c-Rel, teñen un dominio de [[transactivación]] no seu extremo [[C-terminal]]. Polo contrario, as proteínas NF-κB1 e NF-κB2 son sintetizadas como precursores, p105 e p100, que tras madurar dan lugar ás subunidades do NF-κB, p50 e p52 respectivamente. A maduración de p105 e p100 está mediada pola vía [[ubiquitina]]/[[proteasoma]] e implica a degradación selectiva do extremo C-terminal da rexión que contén [[repetición de anquirina|repeticións de anquirina]]. EntantoMentres que a formación de p52 a partir de p100 é un proceso altamente regulado, a p50 fórmase polo procesamento constitutivo da p105. <ref name="pmid10837071">{{Cita publicación periódica | autor = Karin M, Ben-Neriah Y | título = Phosphorylation meets ubiquitination: the control of NF-κB activity | revista = Annu. Rev. Immunol. | volume = 18 | número = | páxinas = 621–63 | ano = 2000 | pmid = 10837071 | doi = 10.1146/annurev.immunol.18.1.621}}</ref> <ref name="pmid11520989">{{Cita publicación periódica | autor = Senftleben U, Cao Y, Xiao G, Greten FR, Krähn G, Bonizzi G, Chen Y, Hu Y, Fong A, Sun SC, Karin M | título = Activation by IKKalpha of a second, evolutionary conserved, NF-κB signaling pathway | revista = Science |volume = 293 | número = 5534 | páxinas = 1495–9 | ano = 2001 | pmid = 11520989 | doi = 10.1126/science.1062677}}</ref>
 
== Membros da familia proteica ==
176.564

edicións