Diferenzas entre revisións de «Torres de Altamira»

[[Ficheiro:Torres de Altamira 4.JPG|200px|miniatura|Vista xeral.]]
 
As obras de mellora e ampliación continuaron durante o goberno do II conde de Altamira: [[Rodrigo Osorio de Moscoso]], chegando a contar con seis torres, ademais dun cómodo pazo. Anos despois, en [[1594]], o V conde de Altamira: [[Lope de Moscoso Osorio]], ordeouordenou construír no recinto unha capela baixo a advocación dos Reis Magos.
 
As seguintes obras documentadas deberonse a que a fortaleza estaba en mal estado, asinando un contrato de obra co mestre canteiro Bieito Vidal, o [[29 de marzo]] de [[1629]].
A partir do [[século XVII]] os condes deixaron de habitar o castelo e ocuparon o [[Pazo de Trasouteiro]], a pouco mais dun quilómetro das torres, trasladándose con posterioridade á corte. Todo indica que no [[século XVIII]] sufriu un incendio, que afectou sobre todo ó pazo, favorecendo o seu abandono. A partir deste momento comezou o seu proceso de ruína, sendo a finais do [[século XIX]] cando máis foi usado como canteira para numerosas construcións.
 
[[Ficheiro:Torres de Altamira 5.JPG|200px|miniatura|dereita|Unha das torres.]]
 
No ano [[1872]], un dos herdeiros da casa de Altamira vendeu as torres, xa arruínadas. Un dos compradores, un rico campesiño que estivera en América, construíu unha casa coas propias pedras da fortaleza. Outro aproveitou a capela dos Reis Magos para construírse un rocho. Tamén se aproveitaron os perpiaños na construción da [[capela de Santa Minia]], cando pasou a mans do arcebispado, e para as obras da igrexa parroquial de Brión, chegándose a desfacer tamén a torre da homenaxe.
215.682

edicións