Oriente Medio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 73:
 
Ata a [[Segunda Guerra Mundial]], era frecuente chamar [[Oriente Próximo]] á costa leste do [[Mediterráneo]] e [[Extremo Oriente]] ás proximidades da [[China]].<ref name="davison">{{cita publicación periódica|autor=Davison, Roderic H. |título=Where is the Middle East? |revista=Foreign Affairs |volume=38 |páxinas=p. 665-675 |ano=1960}}</ref> En 1946 fúndase en [[Washington DC]] o "Instituto do Oriente Medio" como un centro cultural para asuntos árabes, turcos, hebreos, persas, afganos e paquistanís, entre outros, gañando difusión internacional o termo "Oriente Medio".<ref>Held, Colbert C. (2000). Middle East Patterns: Places, Peoples, and Politics. Westview Press. p. 7. ISBN 0-8133-8221-1.</ref>
=== Crítica e ambigüidade no uso ===
O termo Oriente Medio foi criticado polo seu eurocentrismo, polo que termos como [[Asia Occidental]] (ou sudoccidental) forón gañando aceptación en moitos traballos académicos e noutras áreas.
 
Algunhas disciplinas académicas como a [[arqueoloxía]] e a historia antiga continúan usando o termo Oriente Próximo (ver [[Antigo Oriente Próximo]]) pero na maioría de temas imponse largamente o termo Oriente Medio. Cando termina a [[Primeira Guerra Mundial]] e cae o [[Imperio Otomán]] (o cal estaba comúnmente identificado co termo Próximo Oriente), emerxe un novo mundo islámico e comezan a usarse ambos termos indistintamente e aparece a ambigüidade entre eles.
 
En 1957, o [[Goberno federal dos Estados Unidos|goberno estadounidense]] fai uso oficial do termo ''Middle East'' estendéndoo tan lonxe como [[Paquistán]] por unha banda e [[Libia]] e ata [[Etiopía]] polo outro,<ref>Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38 (4): 665–675. doi:10.2307/20029452</ref> con todo en 1958, o [[Departamento de Estado dos Estados Unidos|departamento de Estado]] redefine a rexión equiparándoa ao sudoeste de Asia máis [[Exipto]] e recoñecendo que os termos ''Near East'' e ''Middle East'' son intercambiables.<ref>"'Near East' is Mideast, Washington Explains". The New York Times. 1958-08-14. http://select.nytimes.com/gst/abstract.html?res=F70E10FC3D59127A93C6A81783D85F4C8585F9&scp=1&sq='Near%20East'%20is%20Mideast,%20Washington%20Explains&st=cse. Retrieved 2009-01-25</ref>
 
En alemán ''Naher Osten'' (Próximo Oriente) está gañando máis aceptación que ''Mittlerer Osten''; igualmente en linguas eslavas como o ruso onde Ближний Восток (''Blizhniy Vostok'') ten máis aceptación que Средний Восток. Noutros idiomas a ambigüidade do galego Oriente Medio/Oriente Próximo repítese en francés: ''Moyen-Orient / Proche-Orient'', italiano: ''Medio Oriente / Vicino Oriente'', [[Lingua árabe|árabe]]: الشرق الأوسط ''Ash-sharq-l-awsat'' / شرق أدنى, [[Lingua turca|turco]]: ''Orta Doğu / Yakın Doğu'', [[lingua persa|persa]]: خاورمیانه ''Khāvarmiyāneh'' / خاور نزدیک, [[Lingua hebrea|hebreo]]: המזרח התיכון ''Mizraj-Ha-Tijon'' / המזרח הקרוב e ao final é constatable ver que en realidade cada idioma ten unha forma para ambas acepcións.
 
== Notas ==