Los Angeles Lakers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 57:
 
=== A fin dunha era ===
[[Ficheiro:Vlade Divac cropped.jpg|180px|miniatura|Vlade Divac.]]
Os Lakers pareceron adaptarse ben á ausencia de Jabbar. O mozo Vlade Divac ocupou o seu posto como pivote titular, axudando aos Lakers a gañar 63 partidos na [[1989]]-[[1990|90]] e o seu noveno título de división consecutivo, sendo ademais Johnson nomeado de novo [[MVP da Tempada da NBA|MVP]]. Mais nos playoffs foron eliminados sorprendentemente polos [[Phoenix Suns]] en Semifinais de Conferencia por 4-1. [[Pat Riley]] decidiu abandonar o banco e foi substituído por [[Mike Dunleavy]]. Un ano despois o equipo acadou de novo as finais, aínda que desgraciadamente topáronse cos [[Chicago Bulls]] de [[Michael Jordan]] e [[Phil Jackson]], que comezaban o seu novo reinado na liga. O [[7 de novembro]] de [[1991]], Magic Johnson conmocionou ao mundo anunciando que era portador do virus [[SIDA|VIH]] e que se retiraba inmediatamente. A pesar do seu retiro, foi seleccionado para disputar o [[NBA All-Star Game|All-Star Game]] de [[1992]], onde foi nomeado MVP do partido. En [[1992]], [[1993]] e [[1994]] os Lakers pasaron a súa particular travesía polo deserto, só dúas participacións en playoffs e caendo en primeira rolda.