Los Angeles Lakers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
== Historia ==
=== Comezos ===
[[Ficheiro:GeorgeMikan.jpg|miniatura|esquerda|170px160px|[[George Mikan]] (99).]]
Os Lakers comezaron a súa existencia co nome de Detroit Gems, xogando na NBL. O propietario orixinal da franquía foi o empresario C. King Boring, con todo o equipo tan só disputou unha tempada na NBL baixo o nome de Gems, xa que o pobre resultado tanto deportivo como financeiro fixo que en [[1947]] se vendese o equipo a Ben Berger e Morris Chalfen por 15.000 dólares, sendo trasladado a Minneapolis. Como os Gems o ano anterior tiveran con moita diferencia o peor rexistro de toda a liga, ao ano seguinte dispoñían da primeira elección do [[Draft da NBA|draft de dispersión de xogadores]] da Professional Basketball League of America, que usaron para elixir a [[George Mikan]], un pivote de 2,08 metros de altura, que se convertería nun dos mellores da época. Con Mikan, novo adestrador, [[John Kundla]], e unha remesa de antigos xogadores da Universidade de Minnesota, os Lakers gañaron o seu primeiro campionato na tempada [[1947]]-[[1948|48]], uníndose a outros catro equipos da NBL no seu salto á Basketball Association of America, onde gañaron o título na tempada [[1948]]-[[1949|49]]. A NBL e a BAA fusionáronse ao ano seguinte xurdindo a [[NBA]].