Brooklyn Nets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 93:
 
=== Últimos anos en Nova Jersey ===
[[Ficheiro:Vinsanity.jpg|thumb|left|219px220px|Vince Carter (2004−2009).]]
Despois de dous campionatos de conferencia consecutivos, os Nets víronse forzados a desprenderse de [[Kerry Kittles]] e [[Kenyon Martin]], aos [[Los Angeles Clippers|Clippers]] e [[Denver Nuggets|Nuggets]] respectivamente, xa que o novo propietario Bruce Ratner non tiña intención de pagarlles o resto do asinado nos seus contratos. Porén, un pobre comezo de temporda {{nbay|2004}} e a perda de [[Richard Jefferson]] para todo o ano por mor dunha lesión, levou aos Nets a reforzarse co xogador estrela dos Toronto Raptors, [[Vince Carter]], en troque de Mourning, Eric Williams, Aaron Williams e eleccións no draft.

Aquela tempada, Vince Carter foi elixido para o All-Star Game. Orixinalmente nomeado como reserva, pasou a ser titular debido á lesión de [[Jermaine O'Neal]]. Xunto a Kidd, Carter levantou ao equipo de estar a máis de 10 partidos de entrar nos playoffs a conseguir o último posto da Conferencia Leste. Con todo, os Nets de novo non puideron frear O'Neal e, aínda coa volta de Jefferson, foron varridos polos [[Miami Heat]] na primeira rolda das eliminatorias.
 
A seguinte temporada comezou cunha marca negativa de de 9-12. A pesar diso, apoiados no trío formado por Carter, Kidd e Jefferson, gañaron os seguintes 10 para acandar o liderado da división. O equipo finalizou a fase regular cunha marca de 49-33, conseguindo o cuarto título de división en cinco anos e o terceiro posto nos playoffs. En primeira rolda venceron por 4-2 aos [[Indiana Pacers]], mais na seguinte eliminatoria volveríanse interpoñer os Miami Heat, que venceron por 4-1. Na temporada {{nbay|2006}}, os Nets conseguiron un balance de 41-41, o que non lles chegou para repetir o título de división. O equipo entrou nos Playoffs como sexto clasificado da Conferencia Leste, xogando en primeira rolda aos [[Toronto Raptors]], aos que eliminaron en seis partidos. Na seguinte eliminatoria, a temporada finalizou para as Nets tras caer por 4-2 fronte a [[Cleveland Cavaliers]].