Brooklyn Nets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 93:
 
=== Últimos anos en Nova Jersey ===
[[Ficheiro:Vinsanity.jpg|thumb|left|219px|Vince Carter (2004−2009).]]
Despois de dous campionatos de conferencia consecutivos, os Nets víronse forzados a desprenderse de [[Kerry Kittles]] e [[Kenyon Martin]], aos [[Los Angeles Clippers|Clippers]] e [[Denver Nuggets|Nuggets]] respectivamente, xa que o novo propietario Bruce Ratner non tiña intención de pagarlles o resto do asinado nos seus contratos. Porén, un pobre comezo de temporda {{nbay|2004}} e a perda de [[Richard Jefferson]] para todo o ano por mor dunha lesión, levou aos Nets a reforzarse co xogador estrela dos Toronto Raptors, [[Vince Carter]], en troque de Mourning, Eric Williams, Aaron Williams e eleccións no draft. Aquela tempada, Vince Carter foi elixido para o All-Star Game. Orixinalmente nomeado como reserva, pasou a ser titular debido á lesión de [[Jermaine O'Neal]]. Xunto a Kidd, Carter levantou ao equipo de estar a máis de 10 partidos de entrar nos playoffs a conseguir o último posto da Conferencia Leste. Con todo, os Nets de novo non puideron frear O'Neal e, aínda coa volta de Jefferson, foron varridos polos [[Miami Heat]] na primeira rolda das eliminatorias.