Cognado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Galego
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Inglés
Liña 1:
O '''cognado''' é o termo que se utiliza para denominar unha palabra dunha lingua que garda certo parecido e comparte significado cun vocábulo pertencente a outra lingua diferente. Por exemplo, ''encyclopaedia'' (en [[Lingua inglesa|inglés]]) é un cognado de ''enciclopedia'' (en [[Lingua galega|galego]]).
 
Os cognados poden ser rastros do parentesco que gardan distintas linguas, ou da influencia dunha lingua sobre outra. Poden xurdir como consecuencia do amoldamento de [[préstamo lingüístico|préstamos lingüísticos]]. Por exemplo, a maior parte dos miles de cognados que existen entre a lingua galega e a lingua inglesa son debidos a que foron asimilados polo inglés (procedentes dunha lingua románica como o francés) durante o [[século XIII]] cando [[Inglaterra]] perdeu [[Normandía]] e os normandos que gobernaban a illa británica, que ata entón falaban [[Lingua francesa|francés]], comezaron a falar inglés. Neste caso, como en moitos outros, trátase da aprendizaxe imperfecta dunha segunda lingua e o recurso a termos da lingua natal o que provoca a aparición de cognados. O [[portugués]] que se fala en Brasil tamén asimilou un número considerable de palabras do inglés, diferenciándose así do portugués de Portugal en expresións como ''desapontado'' asimilado do inglés ''disappointed''. Ambos son cognados.