Arte de paisaxes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m higher quality picture
Liña 43:
A paisaxe adquiriu autonomía iconográfica no [[século XVI]]. Na súa forma realista, débese sobre todo á arte [[Pintura flamenga|flamenga]] e [[Alemaña|alemá]], por exemplo, [[Alberto Durero]], que deixou numerosas [[acuarela]]s de paisaxes. Na súa forma idealizada de inspiración clásica, é algo que debe atribuírse a [[Italia]], sendo [[El Perugino]], mestre de [[Rafael Sanzio|Rafael]], un dos máis destacados elaboradores de vastos espazos nos que se situaban os personaxes, cunha forte acentuación da paisaxe. En [[Venecia]], coa súa luz cambiante sobre as augas, aínda que a paisaxe seguiu sendo fondo de obras e non o seu motivo principal, esmeráronse por lograr realismo reflectindo vistas da [[lagoa]], as súas rúas e monumentos, así como a «terra firme», e dos fenómenos atmosféricos como ocorre con ''[[A treboada (pintura)|A treboada]]'' que xa dende o [[século XVI]] dá nome ao cadro máis coñecido de [[Giorgione]].
 
Nesta época, a paisaxe serviu para expresar as [[utopía]]s urbanas e políticas emerxentes. A miúdo «percibido» a través do marco das xanelas nos cadros que representaban esceasescenas interiores, foi conseguindo un papel cada vez máis importante, até ocupar toda a superficie da tea. Paralelamente, os personaxes das escenas relixiosas en exterior foron «encollendo» até non estar máis que simbolizados polos elementos da paisaxe, p.e. [[Xesús de Nazaret]] por unha montaña. Pero, como se ve, a paisaxe seguía sendo só parte dun [[Pintura de historia|cadro de historia]] ou dun [[Retrato pictórico|retrato]].
 
En [[Flandres]], a primeira representación da paisaxe independente foi a de [[Joachim Patinir]], cuxas composicións relixiosas ou [[Mitoloxía|mitolóxicas]] están totalmente dominadas pola representación realista da natureza, até o punto de que a esceaescena é mero «pretexto» para representar unha «paisaxe panorámica» ou «xeográfica», dende un punto de vista moi elevado. Na xeración seguinte, algunhas [[EsceaEscena de xénero|obras de xénero]] de [[Pieter Brueghel o Vello]] a figura humana queda reducida á insignificancia, sendo o importante a paisaxe representada, igualmente panorámica e dende punto de vista alto, como ocorre por exemplo en [[Os cazadores na neve|''O inverno'']] do ciclo de estacións do ano. Ha de mencionarse tamén a [[Escola do Danubio]] ou «danubiana», na que autores como [[Albrecht Altdorfer]] ou [[Lucas Cranach o Mozo]] seguen co tipo de «paisaxe panorámica», con amplas extensións de terreo percibidas dende o alto.
 
=== Barroco ===