Rub al-Khalí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Elisardojm (conversa | contribucións)
Xaiba
Liña 6:
O significado orixinal de Rub al-Khalí en árabe é "cuarto desertico" e polas súas estremas transitan beduínos comerciantes (alí chamados ''bedus'') das tribos de Saar, Raxid, Manahil, Mahrah, Auamir, Baniiás e Dauasir. Rara vez é cruzado directamente (salvo por aventureiros na época colonial: [[Charles Doughty]], [[Anne Blunt]], [[sir Richard Burton]], [[Gertrude Bell]], [[T. E. Lawrence]], [[Bertram Thomas]] etc.)
 
Inda que ten unha boa parte de afloramentos rochosos e chairas de xabre, coñécese tamén por "as areas" pola súa extensión de area, que o converte no mar de area máis extenso do mundo, con [[dunas]] de ata 250 metros de alto. Mais o seu subsolo agocha outra riqueza: nos anos 1930 descubríronse uns xacementos de petróleo debaixo do deserto e creouse a Arabian-American Oil Company (Aramco) para a súa comercialización. Agora esta empresa xa non ten capital norteamericano e isto fornece enormes beneficios ó estado saudita, que conta cunha das maiores rendas per cápita do mundo grazas a isto (o cal lle permite, por exemplo, construír [[markhás|markhases]]). As exploracións ulteriores aínda amosaron máis xacementos ([[XaibahXaiba]] en 1990, de 775 quilómetros cadrados e con catorce mil millóns de barrís de cru [[Arab]], un dos mellores do mundo) e polo deserto trazáronse oleodutos de ata 635 quilómetros (construídos por 14.000 operarios) ata a refinería de Abqaiq.
 
Neste deserto poden atoparse fenómenos xeográficos coma [[uad]]i, [[Uruq|uruquín]] (o de ''al-Mutaridah'', "a vea continua"), [[sabha]]s (a de ''Umm as-Sammim'', "Nai dos velenos") ou [[barhana]]s, e é onde se cultiva o [[qat]].