Brooklyn Nets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua inglesa (es:Brooklyn Nets)
Liña 101:
 
Sen o seu tridente dos últimos anos, a {{nbay|2009}} foi a peor temporada da historia da franquía. De feito, comezaron a temporada cunha marca de 0-18, o que no momento supuxo o peor comezo dun equipo na historia da NBA. Os de Nova Jersey acabaron a campaña cunha marca de 12 vitorias e 70 derrotas, sendo así o quinto equipo que caía derrotado en 70 ocasións nunha tempada xunto aos [[Philadelphia 76ers]] de 1973 (9-73), [[Los Angeles Clippers]] de 1987 (12-70), os [[Dallas Mavericks]] de 1993 (11-71) e os [[Denver Nuggets]] de 1998 (11-71).
 
== Rivalidades ==
=== Boston Celtics ===
A rivalidade dos Nets cos [[Boston Celtics]] comezou a principios da década de 2000 debido á proximidade xeográfica e ás súas estrelas incipientes. Os Nets estaban liderados por [[Jason Kidd]] e [[Kenyon Martin]], mentres que os Celtics estaban a rexurdir da man de [[Paul Pierce]] e [[Antoine Walker]]. A rivalidade comezou a caldearse nas Finais da [[Conferencia Leste]] de 2002, que foi precedida por comentarios ofensivos dos Celtics que afirmaban que Martin era un "falso" tipo duro. A presión foi aumentando co desenvolvemento da serie, e as tensións da pista parecían discorrer cara as bancadas. Afeccionados dos Celtics increparon a Kidd e a súa familia, con cánticos de "Wife Beater!" (do [[lingua inglesa|inglés]]: ''maltratador'') en resposta aos cargos do xogador por abuso familiar en 2001.<ref>{{cita web|url=http://amarillo.com/stories/053102/spo_jasonkidd.shtml#.VjtTZrerSUk|título=Celtics fans' taunts hurt Jason Kidd's wife|autor=Wilstein, Steve|obra=Amarillo Golbe-News|data=31 de maio de 2002|lingua=inglés|dataacceso=5 de novembro de 2015}}</ref> Cando a serie regresou a [[Nova Jersey]], os fans das Nets responderon, con esgrimindo algúns carteis que dicían: "Will someone please stab Paul Pierce?" (do [[lingua inglesa|inglés]]: ''Por favor, podería alguén acoitelar a Paul Pierce?'') referíndose a un incidente nunha discoteca no ano 2000 na que Pierce foi acoitelado once veces.<ref>{{cita web|url=http://www.enquirer.com/editions/2002/05/31/spt_nets_celtics_heating.html|título=Nets, Celtics heating it up|autor=Nance, Roscoe|obra=USA Today|data=31 de maio de 2002|lingua=inglés|dataacceso=5 de novembro de 2015}}</ref> Preguntado pola situación, Kenyon Martin declarou: "Os nosos fans ódianos, os seus fans ódiannos". [[Bill Walton]] declarou que a serie Nets-Celtics foi o "principio da seguinte gran rivalidade da NBA".
 
En 2012, existían indicios de que a rivalidade podería terse reavivado cando ocorreu un altercado na pista nun partido disputado o [[28 de novembro]], o cal resultou na expulsión de [[Rajon Rondo]], [[Gerald Wallace]] e [[Kris Humphries]]. Rondo foi suspendido posteriormente durante dous partidos, mentres que Wallace e Kevin Garnett foron multados. A historia foi reavivada o [[25 de decembro]], cando noutro partido Wallace agarrou os pantalóns de Garnett, tendo que ser separados ambos polos arbitros e os seus compañeiros.
 
Porén, a rivalidade entre as Nets e os Celtics pareceu arrefriarse significativamente en xuño de 2013 grazas ao traspaso que enviaba ás estrelas dos Celtics Garnett e [[Paul Pierce]] aos Nets en troca de Wallace, Humphries e outros. Esta medida foi considerada como unha fusión entre os dous equipos da [[División Atlántico da NBA|División Atlántico]]. O locutor Celtics Sean Grande dixo: "É case coma se encontrásemos un moi bon lar para estes mozos. Non poderían ter encontrado un lugar mellor. Estes rapaces van estar no mercado de Nova York, nun equipo competitivo onde sairán na televisión nacional. É curioso, porque o inimigo do meu inimigo é o meu amigo. Así que, cos afeccionados dos Celtics sentíndose como se sinten cos Heat e cos Knicks, os Nets case van ser case o segundo equipo de [Boston]".<ref>{{cita web|url=http://www.csnne.com/blog/celtics-talk/grande-celtics-found-good-home-kg-pierce|título=Grande: Celtics found 'good home' for KG, Pierce|obra=CSNNE.com|data=20 de xullo de 2013|lingua=inglés|dataacceso=5 de novembro de 2015}}</ref>
 
== Administración ==