Manuel I Comneno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 46:
==A invasión de Exipto==
 
En [[1169]] Manuel enviou un expedición conxunta co rei [[Amalarico I de Xerusalén]] contra [[Exipto]]. A expedición supuxo unha extraordinaria demostración de poder por parte do Imperio, a causa do gran exército e flotafrota enviados, pero tamén significou unha gran custo para os bizantinos.
 
Aínda que un ataque a tan longa distancia do centro do Imperio podería parecer algo extraordinario, pode comprenderse pola política de Manuel que buscaba aproveitarse dos latinos para asegurarse a supervivencia do Imperio. Unha invasión exitosa de Exipto ofrecería moitas vantaxes ao Imperio. Primeiro, evitaría unha alianza islámica que expulsase aos cruzados. Segundo, a riqueza de Exipto era tal que os ingresos a obter (ata compartidos cos cruzados) compensaban o esforzo realizado. Ademais, a alianza ligaría aínda máis aos cruzados co Imperio.