Diferenzas entre revisións de «Hummus»

 
== Preparación ==
A receita básica é unha mestura de garavanzos cocidos con tahína, allo e zume de limón en proporción variábel, aínda que unha base habitual é: 500 g de garavanzos, unha ou dúas culleradas sopeiras de tahína, dúas ou tres culleradas sopeiras de aceite de oliva, un dente de allo e o zume de medio limón. Esmágase todo formando unha pasta de certa consistencia, á que se lle engade sal e especias como [[comiño]], [[coendrocoandro]] ou [[carvea]] se se desexar. No momento de servir (frío ou morno), engdese pemento doce. En ocasións, previamente frótanse os garavanzos cocidos dentro da súa auga de cocción para que se desprenda a codia, que se tira. O ''hummus'' fica logo máis fino.
 
A fina textura deste puré fai que os cociñeiros de todo o mundo ofrezan diversas variantes dependendo dos costumes e a sinxeleza. É unha preparación que se serve habitualmente nun [[prato]] e fría, acompañada de porcións de [[pan plano|pan de pita]] que se emprega como elemento [[mollo|para mollar]], ou de [[verdura|verduras e hortalizas frescas]]. Algunhas versións máis modernas empregan en lugar de pan pita unhas [[Tortilla chip|tortillas chip]]. A versión crudivexetariana simplemente substitúe os garavanzos cocidos por garavanzos xermolados. É frecuente servir este prato coma un [[almorzo]]. É un prato moi emprgeado nas cociñas [[vexetarianismo|vexetarianas]], [[veganismo|veganas]] e crudivexetarianas.
Usuario anónimo