Diferenzas entre revisións de «Manuel Murguía»

sen resumo de edición
|tamaño_sinatura = 260px
}}
'''Manuel Antonio Martínez Murguía''', nado no [[O Froxel, Oseiro, Arteixo|Froxel]] ([[Oseiro, Arteixo|Oseiro]], [[Arteixo]]), o [[17 de maio]] de [[1833]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[1 de febreiro]]<ref>{{Cita libro | autor = X.L.{{Versaleta|[[Xosé Luís Axeitos Agrelo|Axeitos Agrelo, Xosé Luís]]}} e X.R.{{Versaleta|[[Xosé Ramón Barreiro Fernández.|Barreiro Fernández, Xosé Ramón]]}}
| título = Manuel Murguía. Vida e obra
| publicacióneditorial = [[Edicións Xerais de Galicia. 2000.]]
| idano = ISBN2000
| id = ISBN 84-8302-525-6
}}</ref> de [[1923]], foi un historiador galego que impulsou o [[Rexurdimento]] e creou a [[Real Academia Galega]]. No ano [[2000]] dedicóuselle o [[Día das Letras Galegas]].
 
 
En [[1862]] Murguía rematou o seu ''Diccionario de escritores Gallegos'' e en [[1865]] editou o primeiro tomo da súa ''Historia de Galicia''. Na revolución de setembro 1868 foi secretario da Xunta Revolucionaria de Santiago e despois nomeado director do Arquivo de Simancas, en [[1870]] xefe do [[Arquivo Xeral de Galicia]] ata 1875, foi director de ''[[La Ilustración Gallega y Asturiana]]'' (1879) e máis tarde, no 1885, Cronista Xeral do Reino. No [[1886|86]] (ao ano de morrer Rosalía) publicou ''Los precursores'', obra na que fai unha descrición de varios personaxes da vida cultural galega. No ano [[1890]], Murguía dirixiu xunto con [[Alfredo Brañas]] ''[[La Patria Gallega (Santiago de Compostela)|La Patria Gallega]]'', boletín onde se deron as primeiras claves do que ía ser co tempo o pensamento [[nacionalismo galego|rexionalista galego]]. Tamén neste mesmo ano Murguía publicou durante uns Xogos Florais en Barcelona un discurso que foi moi aplaudido e que fixo que o nomeasen "Mestre en Gay Saber". Neste discurso fala do sentimento histórico e cultural diferenciador de Galiza. Foi nomeado presidente da [[Asociación Regionalista Gallega|Asociación Rexionalista Galega]] (ARG), a primeira organización política de signo decididamente galeguista. Nos Xogos Florais de Tui de 1891, organizados pola ARG, faríase reivindicación do uso público do galego, lingua en que Murguía pronunciaría o discurso inaugural.
{{Cita|''¡O noso idioma!, o que falaron nosos pais e vamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nós achamos a punto de non entendelo.''<ref name=SermosGaliza>{{Cita web|url=http://www.sermosgaliza.com/articulo/comunidade-sermos/24-xuno-1891-primeira-declaracion-oficialidade-do-galego/20140624174551028566.html |título=24 de xuño de 1891: a primeira declaración de oficialidade do galego|editorial=[[Sermos Galiza]]}}</ref>}}
En 1892 foi destinado á [[Biblioteca Universitaria de Santiago]] posto que exercería ata a súa xubilación en 1905.
 
=== Bibliografía ===
*[[Xosé Ramón Barreiro Fernández|Barreiro Fernández, Xosé Ramón]]. ''Murguía''. 2012. [[Xerais]].
* {{Cita libro| autor =Rábade Paredes, Xesús| ligazónautor=Xesús Rábade Paredes | título =A vida de Manuel Murguía| ano =2000| publicación =Vigo: Editorial Galaxia| id = ISBN 978-84-8288-358-8}}
* {{Cita libro| autor =[[Vicente Risco|Risco, Vicente]]| título =Manuel Murguía| ano =2000| publicación =Vigo: Editorial Galaxia| id = ISBN 978-84-7154-243-4}}
 
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.realacademiagalega.org/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/14293 Real Academia Galega]
{{Dialnet|2560934}}
 
{{Sucesión | título =[[Día das Letras Galegas]] | período =[[2000]]<br />[[{{PAGENAME}}]]| predecesor =[[Roberto Blanco Torres]]| sucesor =[[Eladio Rodríguez]]}}
 
182.173

edicións