Diferenzas entre revisións de «Cloroplasto»

m
(→‎Orixe evolutiva: está viva)
[[Ficheiro:Plagiomnium affine laminazellen.jpeg|miniatura|250px|Cloroplastos en células de ''[[Plagiomnium affine]]'']]
[[Ficheiro:Überseemuseum Bremen 2009 238.JPG|miniatura|dereita|250px|Modelo de cloroplasto]]
Os cloroplastos son un dos varios orgánulos que se considera que se orixinaron a partir de [[cianobacteria]]s por medio dun proceso de [[endosimbiose]] con outras células. O primeiro en suxerilo foi [[Konstantin Mereschkowski|Mereschkowsky]] en 1905<ref>{{Cita publicación periódica | author= Mereschkowsky C | título= Über Natur und Ursprung der Chromatophoren im Pflanzenreiche | journal= Biol Centralbl | year=1905 | volume=25 | pages=593–604}}</ref> despois de coñecer os traballos de [[Andreas Franz Wilhelm Schimper|Schimper]] de 1883, nos que se sinalaba o parecido entre cianobacterias e cloroplastos.<ref>{{Cita publicación periódica | author= Schimper AFW | título= Über die Entwicklung der Chlorophyllkörner und Farbkörper | journal= Bot. Zeitung | year=1883 | volume=41 | pages=105–14, 121–31, 137–46, 153–62}}</ref> Pénsase que todos os cloroplastos derivan directa ou indirectamente dun único evento endosimbiótico (nos [[Archaeplastida]]), agás no caso de ''[[Paulinella]] chromatophora'', especie que adquiriu máis recentemente un endosimbionte fotosintético cianobacteriano, que non está moi relacionado cos cloroplastos dos outros eucariotas.<ref>{{Cita publicación periódica | título = Diversity and evolutionary history of plastids and their hosts | author = Patrick J. Keeling | url = http://www.amjbot.org/cgi/content/full/91/10/z1481 | journal = American Journal of Botany1481 | year = 2004 | volume = 91 | pages = 1481–1493 | doi = 10.3732/ajb.91.10.1481}}</ref>
Nas plantas os cloroplastos están rodeados por dúas membranas, as cales se pensa que se corresponden coas membranas externa e interna da primitiva cianobacteria endosimbionte.<ref>{{Cita publicación periódica |author= Joyard J Block MA, Douce R|título=Molecular aspects of plastid envelope biochemistry. |journal=Eur J Biochem. |volume=199 |pages=489–509 |year=1991 |pmid=1868841 |doi= 10.1111/j.1432-1033.1991.tb16148.x |issue= 3}}</ref> O [[xenoma do cloroplasto|xenoma dos cloroplastos]] está considerablemente reducido comparado co das cianobacterias de vida libre, pero o xenoma que conservan mostra claras similitudes co xenoma cianobacteriano. Os cloroplastos poden conter 60-100 xenes cando as cianobacterias a miúdo conteñen máis de 1500 xenes.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Martin W, Rujan T, Richly E |título=Evolutionary analysis of Arabidopsis, cyanobacterial, and chloroplast genomes reveals plastid phylogeny and thousands of cyanobacterial genes in the nucleus |journal=Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. |volume=99 |issue=19 |pages=12246–51 |year=2002 |month=September |pmid=12218172 |pmc=129430 |doi=10.1073/pnas.182432999 |url=http://www.pnas.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=12218172|archiveurl = http://www.webcitation.org/5uKjjsvvn |archivedate = 2010-11-18|deadurl=no}}</ref> Moitos dos xenes perdidos están hoxe codificados no xenoma nuclear da [[hóspede|célula hóspede]]. Debeu de haber unha transferencia de información do xenoma do cloroplasto ao nuclear, que na planta do tabaco foi estimada en un xene por cada 16000 grans de pole.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Huang CY, Ayliffe MA, Timmis JN |título=Direct measurement of the transfer rate of chloroplast DNA into the nucleus |journal=Nature |volume=422 |issue=6927 |pages=72–6 |year=2003 |month=March |pmid=12594458 |doi=10.1038/nature01435}}</ref>
19.690

edicións