Diferenzas entre revisións de «Revolución Industrial»

 
== Antecedentes e causas ==
[[Ficheiro:Wright of Derby, The Orrery.jpg|miniatura|dereita|O triunfo das novas propostas filosóficas do [[século XVIII]], contribuíu ao intercambio do coñecemento científico]]
[[Ficheiro:Philipp Jakob Loutherbourg d. J. 002.jpg|miniatura|upright=1.4|''Coalbrookdale at night'', pintura ao óleo de [[Philip James de Loutherbourg]]. [[Coalbrookdale]] considérase un dos berces da Revolución Industrial.]]
Os inicios da industrialización europea hai que buscalos na [[Idade Moderna]]. Dende o [[século XVI]] enxergouse un avance no comercio, métodos financieiros, banca e un certo progreso técnico na [[Navegación marítima|navegación]], [[impresión]] ou reloxaría. Porén, estes avances sempre se vían lastrados por epidemias, constantes e longas guerras e fames que non permitían o espallamento dos novos coñecementos nin un grande crecemento demográfico. Segundo o historiador Angus Maddison, [[Europa Occidental]] experimentou un desenvolvemento demográfico practicamento nulo entre 1500 e 1800. A [[Renacenza]] marcou outro punto de inflexión coa aparición das primeiras sociedades capitalistas en [[Holanda (rexión)|Holanda]] e o norte de Italia. É a partir de mediados do [[século XVIII]] cando Europa comezou a afastarse do resto do mundo e a asentar as bases da futura sociedade industrial debido ao desenvolvemento, aínda primitivo, da [[industria pesada]] e a [[minaría]]. A alianza dos comerciantes cos agricultores fixo aumentar a [[produtividade]], o que á súa vez provocou unha [[Transición demográfica|explosión demográfica]], acentuada a partir do XIX. A Revolución Industrial caracterizouse pola transición dunha economía agrícola e manual a unha comercial e industrial cuxa ideoloxía baseábase no [[racionalismo]], a razón e a [[Cientifismo|innovación científica]].
 
2.518

edicións