Revolución Industrial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Achega do artigo en castelán.
Liña 13:
 
Un dos principios fundamentais da industria moderna é que nunca considera os procesos de produción como definitivos ou acabados. A súa base técnico-científica é revolucionaria, xerando así, o problema da obsolescencia tecnolóxica en períodos cada vez máis breves. Dende esta perspectiva pode afirmarse que tódalas formas de produción anteriores á industria moderna (artesanía e manufactura) foron esencialmente conservadoras. Así a todo, esta característica de obsolescencia e innovación non se circunscribe á ciencia e a tecnoloxía, senón que debe ampliarse a toda a estrutura económica das sociedades modernas. Neste contexto a innovación é, por definición, negación, destrución, cambio, a transformación é a esencia permanente da modernidade.
 
== Antecedentes e causas ==
Os inicios da industrialización europea hai que buscalos na [[Idade Moderna]]. Dende o [[século XVI]] enxergouse un avance no comercio, métodos financieiros, banca e un certo progreso técnico na [[Navegación marítima|navegación]], [[impresión]] ou reloxaría. Porén, estes avances sempre se vían lastrados por epidemias, constantes e longas guerras e fames que non permitían o espallamento dos novos coñecementos nin un grande crecemento demográfico. Segundo o historiador Angus Maddison, [[Europa Occidental]] experimentou un desenvolvemento demográfico practicamento nulo entre 1500 e 1800. A [[Renacenza]] marcou outro punto de inflexión coa aparición das primeiras sociedades capitalistas en [[Holanda (rexión)|Holanda]] e o norte de Italia. É a partir de mediados do [[século XVIII]] cando Europa comezou a afastarse do resto do mundo e a asentar as bases da futura sociedade industrial debido ao desenvolvemento, aínda primitivo, da [[industria pesada]] e a [[minaría]]. A alianza dos comerciantes cos agricultores fixo aumentar a [[produtividade]], o que á súa vez provocou unha [[Transición demográfica|explosión demográfica]], acentuada a partir do XIX. A Revolución Industrial caracterizouse pola transición dunha economía agrícola e manual a unha comercial e industrial cuxa ideoloxía baseábase no [[racionalismo]], a razón e a [[Cientifismo|innovación científica]].
 
Outro dos principais desencadeantes da Revolución nace da necesidade. Aínda que nalgúns lugares da Europa como Gran Bretaña xa existía unha base industrial, as [[Guerras Napoleónicas|Guerras Napoleónica]] consolidaron a industria europea. Debido á guerra, que se extendía pola maior parte de Europa, as importacións de moitos produtos e materias primas suspendéronse. Isto obrigou aos gobernos a presionar as súas industrias e á nación en xeral para producir máis e mellor que antes, desenvolvéndose industrias denantes inexistentes. A industrialización tivo lugar en diferentes fases nos distintos países. As primeiras áreas industriais xurdiron en Gran Bretaña a fins do século XVIII, espallándose cara a [[Bélxica]] e [[Francia]] a principios do século XIX e a [[Alemaña]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] a mediados de século, a [[Xapón]] a partir de 1868 e a [[Rusia]], [[Italia]] e [[España]] a finais de século. Entre as razóns atopáronse algunhas tan desiguais coma a notábel falla de grandes guerras entre 1815 e 1914, a aceptación da [[economía de mercado]] e o consecuente nacemento do capitalismo, a ruptura co paso, un certo equilibrio monetario e a falla de [[inflación]].
 
== O proceso de industralización británica ==