Revolución Industrial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 15:
 
== O proceso de industralización británica ==
A Revolución Industrial en [[Gran Bretaña]] iniciouse na segunda metade do [[século XVIII]] e constituiuconstituíu na mecanización da produción dalgúns sectores pioneiros grazas a importantes innovacións tecnolóxicas asociadas á invención da máquina de vapor.
 
Estas novidades supuxeron un profundo cambio nos sistemas de produción asociados á división do traballo en tarefas concretas e á aparición dunha nova unidade produtiva, a fábrica.
Liña 59:
* O [[ferrocarril]]. Empregouse inicialmente para o transporte nas minas. O chimpo definitivo veu cando Stephenson inventou a locomotora de vapor. En [[1829]] inaugurouse a primeira liña férrea entre [[Manchester]] e [[Liverpool]], e dende entón o ferrocarril experimentou unha imparábel expansión. O ferrocarril foi clave no desenvolvemento da industria, pois acurtou a duración dos traxectos, permitiu distribuír grandes cantidades de produtos a gran distancia e a escaso custo, e impulsou a industria siderúrxica pola súa demanda de ferro e aceiro.
* A [[navegación]] a vapor. A enerxía do [[vapor]] aplicouse tamén ao transporte marítimo. Os seus primeiros pasos tiveron lugar na navegación fluvial estadounidense. A introdución do invento da [[hélice]] facilitou a navegación marítima. Paralelamente, fóronse realizando obras de adaptación nos portos e construíronse grandes infraestruturas que melloraron a navegación e acurtaron distancias. Entre elas destacou o [[canal de Suez]] ([[1869]]), que reduciu as distancias entre [[Europa]] e a [[India]].
 
== Efectos máis relevantes da primeira revolución industrial e papel da ciencia e a técnica ==