Mel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 16:
Alén de ser utilizado como adozante, o mel sempre foi recoñecido debido ás súas propiedades terapéuticas. Dun modo xeral, o mel está constituído, na súa maior parte (cerca do 75%), por [[hidrato de carbono|hidratos de carbono]], especialmente polos [[azucre]]s simples ([[glicosa]] e [[frutosa]]). O mel está tamém composto por [[auga]] (cerca do 20%), por minerais ([[calcio]], [[cobre]], [[ferro]], [[magnesio]], [[Fósforo (elemento)|fósforo]], [[potasio]], entre outros), por cerca da metade dos [[aminoácido]]s existentes, por ácidos orgánicos ([[ácido acético]], [[ácido cítrico]], entre outros) e por [[vitamina]]s do complexo B, por vitamina C, D e E. O mel posúe aínda un teor considerábel de [[antioxidante]]s ([[flavonoide]]s e [[fenólico]]s).
 
Os distintos tipos de mel varían en función das plantas de onde é extraído o néctar e, tamén, de acordo coa localización xeográfica desas plantas e os tipos das abellas produtoras. Por esta razón, o mel pode presentar consistencias e cores diferentes. Debido ao seu teor de azúcaresazucres simples, de asimilación rápida, o mel é altamente calórico (cerca de 3,4 kcal/g), polo que é útil como fonte de enerxía.
 
O mel é tamén usado externamente debido ás súas propiedades antimicrobianas e antisépticas. Así, o mel axuda a cicatrizar e a previr infeccións en feridas ou queimaduras superficiais. O mel é tamén utilizado amplamente na cosmética (cremas, máscaras de limpeza facial, tónicos etc.) debido ás súas cualidades astrinxentes e suavizantes.