Wikipedia:Civismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m orto
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{PropostasPolíticasGalipedia}}
{{Políticas}}
{{Resumo
| 1=Participa de forma considerada e respectuosa.
| 2=Non ignores as posicións e conclusións dos outros editores.
| 3=Presenta argumentos coherentes e concisos, evita facer [[Wikipedia:Non faga ataques persoais|ataques persoais]].
}}
O '''civismo''' é parte das [[Wikipedia:Normas de conduta|normas de conduta]] formando parte dos [[Wikipedia:Cinco piares|cinco piares]], e describe o comportamento esperado dos usuarios fornecendo indicacións de como tratar as disputas que poidan darse na Wikipedia. Explicado de forma sinxela, os editores deberían tratarse sempre con consideración e respecto os uns aos outros, có propósito principal de mellorar a enciclopedia mentres manteñen un ambiente de edición agradábel, para o que se require un comportamento amable, calmado e razoable.
 
Liña 6 ⟶ 11:
 
== Cooperación e civismo ==
<!-- {{VT|Wikipedia:Consenso}} -->
 
As diferentes opinións son inevitables nos proxectos colaborativos. Ao discutir estas diferenzas algúns editores poden semellar demasiado severos, cando en realidade só intentan ser sinceros. Outros poden reaccionar de forma desproporcionada cando se discute a súa opinión. A conversa escrita non transmite por enteiro os matices da conversa verbal, o que pode levar á interpretación incorrecta dos comentarios dun editor. Unha afirmación non cívica pode escalar unha conversa animada nunha rifa persoal lonxe da discusión obxectiva do problema orixinal. A resolución destas disputas deben facerse de forma cívica, é posible estar en desacordo sen chegar a ser desagradable.