Diferenzas entre revisións de «Fontao, Vila de Cruces»

'''Santiago de Fontao''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Vila de Cruces]]. Segundo o padrón municipal de [[2009]] tiña 218 habitantes (105 mulleres e 113 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 172 habitantes.
 
== Patrimonio ==
Na parroquia localízase o antigo poboado mineiro de Fontao, onde residían os mineiros que explotaban a mina próxima de [[volframio]] que estivo aberta de 1934 a 1963 e de 1968 a 1973. No período de máximo explendoresplendor, entre 1939 e 1945, o poboado contaba con 3.000 habitantes (máis 800 reclusos políticos que durmían na cadea), unha clínica hospitalaria, tres cines, 33 bares e un café-teatro. Entre os reclusos que traballaron nas minas para redimir penas estivo o anarcosindicalista pontevedrés [[Desiderio Comesaña Prado]].
 
O poboado proxectárono os arquitectos César Cort e Basilio Blas en 1954. Na actualidade todas as antigas vivendas dos traballadores da mina están reconstruidas,reconstruídas. oO proxecto de reconstrución foi obra do [[Instituto Galego da Vivenda e Solo]], sendo inauguradasinaugurada por [[Manuel Fraga Iribarne]] cando era presidente da [[Xunta de Galicia]].
 
==Lugares e parroquias==
33.213

edicións