Basilio Álvarez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Liña 8:
En [[1931]], coa instauración da [[Segunda República Española|Segunda República]], consegue ser deputado nas Cortes Constituíntes polo [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]] que lideraba [[Alejandro Lerroux]]. Abandona o partido en abril de [[1935]] e preséntase como candidato centrista aos comicios de febreiro de [[1936]] nos que non consegue escano. O golpe de Estado de [[Francisco Franco]] e o estalido da [[Guerra Civil]] ([[1936]]-[[1939]]) sorprenden a Basilio Álvarez en [[Madrid]], onde tiña o seu despacho de avogado. Sentíndose ameazado polos dous bandos viuse obrigado a se exiliar a [[América]] ([[Arxentina]] nun primeiro momento, logo [[Cuba]] e finalmente os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]).
 
Durante a súa estadía en [[Bos Aires]] colaborou, a pesarespesar dunha diabetes moi aguda, no xornal arxentino ''Crítica''. Os seus artigos foron recopilados ao ano seguinte no libro ''[[España en crisol]]'', onde Basilio Álvarez lembraba o final do período republicano e denunciaba as barbaridades perpetradas pola represión franquista e a incapacidade dos propios políticos republicanos.
 
{{cita|Soy un republicano español a quien el naufragio terrible de su patria arrojó sobre estas tierras argentinas. Ni siento simpatía alguna por el fascio, ni comulgué jamás con las ideas marxistas. Tampoco soy carlista, porque nunca tuve vocación de paleontólogo, ni de falange, curiosa agrupación de muchachos del Instituto con que el infortunado chico de Primo de Rivera se ensayaba para empeños mayores; ni de la Ceda, conglomerado reaccionario que Gil Robles capitaneaba indeciso; ni de Martínez Barrios, ni de Azaña; ni comunista, [...]. Es verdad que fui lerrouxista y no es por ello pequeño mi pecado.|''España en crisol'', [[1937]].}}