Ringo Starr: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎1970-1980: arranxiño
m →‎Con The Beatles: arranxiño
Liña 71:
De forma adicional, Ringo escribiu "Taking a Trip to Carolina" (publicada no segundo disco de ''[[Let It Be... Naked]]'') e foi acreditado xunto aos outros tres Beatles nos créditos das cancións "[[12-Bar Original]]", "Os Paranoias", "Christmas Estafe (Is Here Again)", "Suzy Parker", do filme ''[[Let It Be (documental)|Let It Be]]'', "Jessie's Dream", da película ''[[Magical Mystery Tour (filme)|Magical Mystery Tour]]'', e a versión de "Free As A Bird" incluída no proxecto ''[[The Beatles Anthology|Anthology]]''. A película ''[[Let It Be (filme)|Let It Be]]'' tamén inclúe "Jazz Piano Song", acreditada como unha composición de "McCartney/Starkey".
 
Así mesmo, cada membro de [[The Beatles]] contribuíu ás cancións sen estar específicamenteespecificamente mencionado nos seus créditos. É o caso do tema "Eleanor Rigby", cuxo verso "writing the words to a sermon that no one will hear" foi unha achega de Ringo recoñecida por McCartney. Pola súa banda, Lennon utilizou expresións de Starr para os títulos de cancións, como é o caso de "A Hard Day's Night" e "Tomorrow Never Knows".
 
No proxecto ''[[The Beatles Anthology|Anthology]]'', Ringo recoñeceu que na etapa previa ás súas únicas dúas composicións dentro de [[The Beatles]], adoitaba presentar material aos outros tres membros do grupo que eles recoñecían ao instante como música doutros artistas, xeralmente de [[Jerry Lee Lewis]].