Miofibrila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 11:
As miofibrilas están formadas por filamentos proteicos chamados [[miofilamento]]s, que poden ser finos ou grosos. Na [[fibra muscular estriada esquelética]] as miofibrilas constan dun paquete de miofilamentos, son paralelas e esténdense lonxitudinalmente por toda a célula. Nas miofibrilas obsérvase unha sucesión de bandas claras e escuras. Os filamentos finos da miofibrila están formados pola proteína [[actina]], que forma as bandas I claras. Os filamentos grosos están formados pola proteína [[miosina]], que forma as bandas H escuras. Hai zonas onde ambos os miofilamentos se superpoñen, que son as bandas A. O patrón repetido de bandas ao longo da miofibrila mostra que están formadas por agrupacións de filamentos chamdaos [[sarcómero]]s, situados un detrás doutro todo ao longo da miofibrila. O esvaramento dos miofilamentos finos e grosos no sarcómero é a causa da contracción muscular.
 
Os '''miofilamentos finos''' teñen 1 [[micrómetro|μm]] de lonxitude e están formados por dúas fibras entrelazadas de actina filamentosa ou [[actina F]], que son filamentos formados por subunidades de actina globular ou [[actina G]]. Ademais da actina, os miofilamentos finos teñen outras dúas moléculas de proteína que son a [[tropomiosina]], situada nos sucos da actina F, e a [[troponina]], [[complexo proteico]] con capacidade de unirse ao Ca<sup>2+</sup>. A tropomiosina e a troponina interveñen na regulación das [[Contracción muscular|contraccións musculares]].
 
Os '''miofilamentos grosos''' están formados por moitas unidades de miosina e miden 1,5 μm de longo. A súa zona central é lisa (forma a banda H) pero posúen unhas pequenas proxeccións denominadas pontes transversais, as cales ao interaccionaren cos [[filamentos de actina]], producen a contracción. As moléculas de miosina que os integran, parecen bastonciños de 200 [[nanómetro|nm]] de longo e 2-3 nm de diámetro constituídos por dous polipéptidos trenzados, cada un dos cales remata nunha cabeza globular, que é a que forma as pontes transversais do miofilamento groso, e ten centros para a unión ao ATP e á actina. Na parte central do filamento de miosina non hai pontes transversais. A hidrólise do ATP fai mover a cabeza da miosina, que arrastra a actina, producindo o esvaramento dos miofilamentos, o acurtamento do sarcómero, da fibra e do músculo, polo que a contracción muscular require un continuo gasto de ATP.