Proxecto Xenoma Humano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 80:
O proxecto inspirou e achairou o camiño para o traballo xenómico noutros campos, como a agricultura. Por exemplo, ao estudar a comoposición xenética do ''[[Triticum aestivum]]'', que é o trigo para pan máis cultivado, obtivéronse moitos coñecementos sobre os modos en que a domesticación impactou na [[evolución]] da planta.<ref>{{Cita publicación periódica|last1=Peng|first1=J|last2=Sun|first2=E|last3=Nevo|first3=D|title=Domestication Evolution, Genetics And Genomics In Wheat|journal=Molecular Breeding|date=2011|volume=28|issue=3|pages=281–301|doi=10.1007/s11032-011-9608-4}}</ref> Isto permitirá avances na modificación xenética para orixinar variedades máis produtivas e resistentes de trigo.
 
A secuencia do ADN está almacenada en [[base de datos|bases de datos]] dispoñibles publicamente en [[Internet]]. O [[NCBI|Centro Nacional de Información Biotecnolóxica]] (''National Center for Biotechnology Information'', NCBI) de [[EUA]] (e as organizacións irmás de Europa e Xapón) albergan a secuencia xenómica coñecida como [[GenBank]], xunto con secuencias de xenes coñecidos e hipotéticos e proteínas. Outras organizacións como o [[UCSC Genome Browser]] da Universidade de California, Santa Cruz,<ref>{{cite web|url= http://genome.ucsc.edu|title= An Overview of the Human Genome Project}}</ref> e o [[ENSEMBL|Ensembl]]<ref>{{cite web|url=http://www.ensembl.org|title=Ensembl Genome Browser|work=ensembl.org}}</ref> conteñen datos adicionais e anotacións e poderosas ferramentas para a súa visualización e investigación. Desenvolvéronse [[software|programas informáticos]] para analizar os datos, porque os datos son difíciles de interpretar sen os programas axeitados. En xeral, os avances na tecnoloxía da secuenciación do xenoma seguiron a lei de Moore, un concepto procedente das ciencias da computación que afirma que os circuítos integrados poden aumentar en complexidade a unha velocidade exponencial.<ref>{{Cita publicación periódica|last1=Mardis|first1=E.|title=The impact of next-generation sequencing technology on genetics|journal=Trends in Genetics|date=2008|volume=24|issue=3|page=133|doi=10.1016/j.tig.2007.12.007|pmid=18262675}}</ref> Isto significa que a velocidade á que se pode secuenciar un xenoma completo pode incrementarse a unha velocidade similar, como se puido comprobar durante o desenvolvemento do propio PXH.
 
== Aspectos éticos, legais e sociais ==