Roger Kornberg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 37:
Kornberg e o seu grupo de investigación fixeron varios descubrimentos fundamentais relativos aos mecanismos e á regulación da transcrición eucariótica. Durante os anos 70, Kornberg descubriu, xunto con varios colaboradores, o [[nucleosoma]] como a estrutura básica onde se empaqueta o ADN nuclear das [[célula eucariótica|células eucarióticas]]. Kornberg atopou que o nucleosoma contén ADN (aproximadamente 200 [[par de bases|pares de bases]]) enrolado nun octámeto de [[histona]]s.
 
O grupo de investigación de Kornberg en Stanford desenvolveu con éxito un sistema de transcrición a partir de lévedo de panadeiro, un organismo unicelular eucarionte, que despois utilizaron para illar tódalas proteínas necesarias para o proceso de transcrición. O traballo de Kornberg e outros clarificou que estes compoñentes proteicos se conservan en todos os eucariontes, dende o lévedo ata as células humanas. A partir deste sistema, Kornberg fixo o importante descubrimento de que a transmisión dos sinais reguladores de expresión dos xenes á maquinaria da ARN polimerasa se leva a cabo mediante un [[complexo proteico]] adicional que denominaron mediador.
 
Ao mesmo tempo que realizou estes estudos biomédicos do proceso de transcrición, dedicou dúas décadas ao desenvolvemento de métodos para visualizar a estrutura atómica da ARN polimerasa e as súas compoñentes asociadas. Kornberg enxeñou unha técnica para a formación de cristais proteicos bidimensionais en [[bicapa lipídica|membranas lípidas]] de dúas capas, e obtivo imaxes de baixa resolución desta estrutura proteica mediante [[microscopio electrónico|microscopía electrónica]]. Finalmente, Kornberg foi capaz de resolver a estrutura tridimensional da ARN polimerasa con resolución atómica mediante cristalografía de raios X. A estrutura da ARN polimerasa obtida por Kornberg é a estrutura proteica máis complexa resolta ata o momento. Baseándose nos seus descubrimentos, Konberg creou unha versión de como funciona a transcrición a nivel molecular.