Shōgun: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
creo a partir da ca.wiki
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Durante o [[século XII]] e até o ano [[1868]],<ref>{{Cita web|url=http://asianhistory.about.com/od/glossaryps/g/GlosShogun.htm |título=what is a Shogun? |dataacceso= 20 de xaneiro de 2009 |autor=About.com |lingua=inglés}}</ref> o ''shogun'' constituíuse como o gobernante ''[[de facto]]'' de todo o país, aínda que, teoricamente, o emperador era o lexítimo gobernante e dispoñía de autoridade no ''shogun'' para gobernar no seu nome.<ref name="Maki30">Maki, 2008:30.</ref> Durante este tempo, o emperador viuse obrigado a delegar completamente calquera atribución ou autoridade civil, militar, diplomática e xudicial a quen tivese este título.<ref name="Kuno245">Kuno, 2007:245.</ref>
 
Durante os primeiros contactos con [[Occidente]] e mesmo nalgúns países asiáticos, como na [[China]], o ''shōgun'' era considerado como o «rei do Xapón», e descoñecíase a existencia de dúas estruturas de autoridade.<ref name="Elitesjesuit">{{Cita web|url=http://redalyc.uaemex.mx/redalyc/pdf/361/36100103.pdf |título=Japanese elites as seen by jesuit missionaries |dataacceso= 9 de febreiro de 2009 |autor=Universidade Nova de Lisboa |apelido=Fernandes Pinto |nome=Ana |lingua= inglés}}</ref> Actualmente, algúns escritores e historiadores describiron o ''shogun'' con apelativos com «[[ditadura|ditador militar]]»<ref name="Dictador">Gaskin & Cebrian, 2005:11.</ref> ou «xeneralísimo»<ref name="Generalisimo">Johnson, 2000:741.</ref> coa finalidade de explicar as súas funcións a un público non familiarizado coa historia do país.
 
Ó longo da historia do Xapón existiron tres ''[[shogunato]]s''. O primeiro estabeleceuno en 1192 [[Minamoto no Yoritomo]], coñecido como ''[[shogunato Kamakura]]''. Este goberno só foi controlado por tres membros do [[clan Minamoto]], xa que o poder usurpouno o [[clan Hōjō]], que baixo o título de rexentes nomeaban a ''shoguns marioneta'', nenos e mozos que non ben cumpriran os vinte anos. O segundo ''shogunato'' é coñecido como [[shogunato Ashikaga|Ashikaga]] e foi fundado en 1338 por [[Ashikaga Takauji]]. Durante este ''shogunato'', quince membros do [[clan Ashikaga]] mantivéronse no poder até que un prominente militar do [[período Azuchi-Momoyama]] chamado [[Oda Nobunaga]] derrocou o ''shogun'' en [[1573]].<ref>Hall, 1988:230.</ref> O derradeiro foi o ''[[shogunat Tokugawa]]'', instituído oficialmente por [[Ieyasu Tokugawa]] en 1603<ref name="Pag80">Bryant, 1995:80.</ref> e que rematou en 1868 despois da renuncia ó cargo de [[Tokugawa Yoshinobu]],<ref>Turnbull, 1996:153.</ref> cando o [[emperador Meiji]] recuperou o seu papel protagonista na política do país e a figura do ''shogun'' foi abolida.
 
== Notas ==