Xustiniano I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
alakalapastruka
Syum90 (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 3690949 de 88.18.11.112 (conversa)
Liña 112:
Xustiniano estreouse no campo da alta política eclesiástica pouco despois do ascenso ao trono do seu tío en [[518]], poñendo fin ao [[cisma]] [[Monofisismo|monofisita]] que dominara as relacións entre Roma e Bizancio desde [[483]]. O recoñecemento da sé romana como máxima autoridade eclesiástica <ref>cf. ''Novellae'', cxxxi.</ref> foi a clave da súa política occidental, o que resultou ofensivo para moitos en Oriente; con todo, non dubidou en actuar de forma despótica nas súas relacións cos papas, en concreto con [[Silverio, Papa|Silverio]] e [[Vixilio, Papa|Vixilio]]. A súa política ante Roma, aínda que ás veces incoherente, non deixaba de ser unha política de grandes miras, e aínda que nunca puido chegarse a un acordo, polo rexeitamento da á máis dogmática da igrexa, grazas aos seus sinceros esforzos de reconciliación gañouse a aprobación da maior parte da igrexa. Unha mostra de tal actitude témola na controversia [[Teopasquismo|teopasquita]]: ao principio Xustiniano cría que se trataba dunha cuestión puramente lingüística, pero aos poucos deuse conta de que a fórmula en discusión non só debía ser ortodoxa, senón que tamén podía ser útil como medida conciliatoria ante os monofisitas, e intentou en balde este acordo na conferencia relixiosa cos seguidores de [[Severo de Antioquía]] en [[533]].
 
De novo, Xustiniano aprobou o decreto co edicto relixioso de [[15 de marzo]] de [[533]] <ref>''Cod.'', L, i. 6</ref>, e congratulouse de que o papa [[Xoán II, Papa|Xoán II]] admitise a ortodoxia da confesión imperial <ref>''Cod.'', I., i. 8</ref>. Deste xeito remediou en parte o grave erro que cometera tempo atrás, despois do ascenso de Xustino, cando induciu unha persecución dos bispos e monxes monofisitas, e se desamigou así das poboacións de moitas rexións e provincias. O seu obxectivo constante era agora facerse cos monofisitas, sen ter que abxurar do credo de Calcedonia. Para moitos membros da corte non chegou o suficientemente lonxe neste sentido: en concreto Teodora alegrouse de ver aos monofisitas máis favorecidos. Xustiniano, con todo, reprimiuse neste tipo de medidas por mor das complicacións que se desataron con Occidente. Foi un pichapequena.
== Notas ==
{{listaref|2}}