Edicións Xerais de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Edicións Xerais de Galicia, S.A.''' é unha empresa [[editorial]] [[galiza|galega]], con sede na rúa drDr. Marañón de [[Vigo]].
 
==Historia==
[[Ficheiro:Culturgal 2014 Edicións Xerais de Galicia.JPG|miniatura|Expositor de Xerais no [[Culturgal]] 2014.]]
Fundada en [[1979]] en [[Vigo]] por [[Xulián Maure Rivas]] e [[Germán Sánchez Ruipérez]], forma parte do [[Grupo Anaya]] desdedende [[1988]], ano en que naceu este grupo editorial, que desde xaneiro de [[2004]] está integrado no Grupo Lagardère.
 
Publica fundamentalmente libros en [[lingua galega|galego]], de todos ostódolos xéneros literarios, así como [[libro de texto|libros de texto]] e de divulgación. Publicou dous dicionarios que se encontran entre os máis difundidos da lingua galega, marcando un fito na difusión editorial da lexicografía xeral: o ''Dicionario Xerais da Lingua'' (de capas laranxas), con algunhas etimoloxías e pronuncias e co que estudaron xeracións enteiras de galegos, e o ''[[Gran Dicionario Xerais da Lingua]]'' do ano 2000, con 2.027 páxinas e de carácter inclusivo, aínda que tamén discrimina as prescricións normativas (na norma daquela, previa á reforma [[normativa]] de 2003). Convoca anualmente os [[Premio Xerais|Premios Xerais]] de novela, así como os [[Premio Merlín|Premios Merlín]] de [[literatura infantil]] e dende [[2006]] os [[Premio Caixa Galicia|Premios Caixa Galicia]] de literatura xuvenil.
 
O seu director actual é [[Manuel Bragado]], que substituíu no cargo a [[Víctor Fernández Freixanes]].
 
O fondo editorial chegaba aosós 3.300 títulos o 1 de xuño de 2012, dos que 1.600 forman parte do seu catálogo vivo. A maior parte dos títulos editados realizáronse en lingua galega, mais tamén se publicaron algúns en castelán, portugués e inglés. Xerais edita, fundamentalmente, en soporte papel.
 
==Véxase tamén==