Escocia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 153:
Escocia ocupa aproximadamente o terzo superior da [[illa]] de [[Gran Bretaña]], ao noroeste do continente [[Europa|europeo]]. En total, o seu territorio abrangue 78.772 km².<ref>''Whitaker's Almanack'' (1991) London. J. Whitaker and Sons.</ref> A única fronteira de Escocia en terra firme é a que a une polo sur con [[Inglaterra]], e que mide ao redor de 96 km, entre o [[río Tweed]] na costa este e o [[fiorde de Solway]] na oeste. O [[Océano Atlántico]] rodea o norte e oeste de Escocia, mentres que ao leste atópase o [[Mar do Norte]]. [[Irlanda]] atópase a só 30 km dende a península de [[Kintyre]], mentres que [[Noruega]] queda a 400 km ao nordés, as [[Illas Feroe]] a 310 km e [[Islandia]] a 798 km ao noroeste. O centro xeográfico de Escocia, tradicionalmente, sitúase a poucos quilómetros de [[Newtonmore]], en [[Badenoch]], ao norte das zonas máis poboadas, aínda que existen diversas opinións respecto diso, dependendo do modo empregado para as medicións, ou de se se toman en consideración ou non as illas escocesas.
 
A extensión territorial actual de Escocia é moi semellante á establecida no [[Tratado de York]] de [[1237]] entre [[Inglaterra]] e Escocia <ref>{{cita web|url = http://www.nationalarchives.gov.uk/utk/scotland/conquered.htm |título = "Uniting the Kingdoms"|dataacceso = [[25 de abril]] de [[2008]]}}</ref> e no [[Tratado de Perth]] de [[1266]] entre Escocia e [[Noruega]].<ref name=Mackie>Mackie, J.D. (1969) ''A History of Scotland''. LondonLondres. Penguin.</ref> Existen algunhas excepcións: a [[Illa de Man]], que antes era territorio escocés, é agora unha [[Dependencia da Coroa británica]]; as [[Illas Órcadas]] e [[Shetland]] foron adquiridas a Noruega no [[século XV]];<ref>''Whitaker's Almanack'' (1991) London. J. Whitaker and Sons.</ref> mentres que [[Rockall]], un pequeno illote rochoso no [[Atlántico]], foi anexionado ao Reino Unido primeiro e a Escocia despois polo [[Acta da Illa de Rockall]] de [[1972]].<ref>{{cita web|url = http://news.bbc.co.uk/onthisday/hi/dates/stories/september/21/newsid_4582000/4582327.stm|título = "On this day - 21 September" |autor = BBC }}</ref><ref>{{cita web
|url = http://www.publications.parliament.uk/pa/ld199798/ldhansrd/vo970624/text/70624-02.htm
|título = Actas da Cámara dos Lores|dataacceso = [[25 de abril]] de [[2008]] |autor = Parlamento do Reino Unido |data = [[24 de xuño]] de [[1997]]}}</ref> Con todo, a legalidade desta anexión foi posta en cuestión por [[Irlanda]], [[Dinamarca]] e [[Islandia]], e probablemente non ten efectos no dereito internacional.<ref>{{cita web|url = http://historical-debates.oireachtas.ie/D/0268/D.0268.197311010090.html|título = Debates Parlamentarios|dataacceso = [[25 de abril]] de [[2008]]|añoacceso = |autor = Parlamento de Irlanda |data = [[1 de novembro]] de [[1973]]}}</ref><ref>MacDonald, Fraser (2006) ''The last outpost of Empire: Rockall and the Cold War''. Journal of Historical Geography 32. P627?647.</ref><ref>[http://www.sages.unimelb.edu.au/staff/macdonald.html Available in pdf]</ref>