Vándalos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 17:
O rei asdingo Wisumarh ([[Visumaro]]) combateu contra os [[godos]] procedentes do leste ao mando de [[Xeberico]], que atacaron os seus territorios. Wisumarh morreu en loita contra os godos, e os integrantes das tribos de vándalos que non quixeron someterse aos godos, tiveron que pasar a territorio imperial, establecéndose en Panonia, onde tamén se asentaron os cuados. A principios do [[século V]] abandonaran Panonia (como tamén os cuados) e uníronse aos [[suevos]] e alanos para invadiren as Galias. Nas primeiras loitas do ano [[406]] morreu o rei [[Godexiselo]] ([[Godexisilo]]). Poucos anos despois, os dous grupos vándalos acabaron fusionados.
 
Chegaron a [[Hispania]] no [[409]], onde se establecen como federados. No [[426]] tomaron a cidade de [[Sevilla]] con [[Gunderico]] ao mando. Mais non se quedarían na península por moito tempo: vinte anos exactamente, pasando logo a [[África]] no ano 429 e non manifestaríanse que nalgunhas incursionsincursións sobre as [[illas Baleares]] incorporándoas de maneira moi temporal ao seu imperio marítimo - ao reino pirata, mas exactamente - que crearon dende [[Cartago]] no Mediterráneo occidental.
 
== A formación e apoxeo do reino vándalo: o reinado de Xenserico ==