1810: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 34:
 
=== Resto de Europa ===
* O [[20 de febreiro]] foi executado [[Andreas Hofer]], nado en [[1767]] en [[San Leonardo in Passiria|St Leonhard in Passeier]], xefe popular da rebelión [[Tirol|tirolesa]] contra [[Francia]] e [[Baviera]]. Cando o seu país foi entregado a Baviera, Hofer encabezou unha insurrección armada e, co apoio dos austriacosaustríacos, derrotou aos bávaros no [[Batallas de Bergisel|Monte Isel]], preto de [[Innsbruck]], en [[maio]] de [[1809]]. O antigo soldado austriacoaustríaco, dono dun hostal no [[val do Passeier]], converteuse así en dono da provincia. Pero os acordos de paz asinados en [[Tratado de Schönbrunn|Schönbrunn]] cambiaron a situación: o Tirol quedou en mans das tropas francesas dirixidas polo [[François Joseph Lefebvre|mariscal Lefebvre]]. Hofer recorreu entón á guerra de guerrillas e mantivo en xaque aos invasores, grazas ao apoio popular de que gozaba. Mediante emboscadas e audaces golpes de man, os guerrilleiros lograron inflixir importantes perdas aos franceses, e mantiveron vivo o espírito de resistencia contra o invasor. As súas fazañas militares contra un inimigo moi superior en número e en armamento converteron a Hofer nun heroe case mítico, cuxo culto manteríase durante anos. Con todo, vítima da traizón dun dos seus veciños, o xefe tirolés caeu en poder dos franceses. Pouco despois foi conducido a [[Mantua]], onde foi fusilado nese mesmo día.
* O [[30 de xuño]], [[Luís Bonaparte]] abdica do seu título de [[Rei dos Países Baixos|rei de Holanda]]. Este reino fora creado por [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] o [[5 de xuño]] de [[1806]].
* En [[xullo]], logo da abdicación de Luís Bonaparte e tras un breve reinado de 12 días do seu fillo [[Napoleón Luís Bonaparte]], Napoleón incorpora os [[Países Baixos]] ao Imperio francés estruturados en 8 departamentos. Nomea gobernador xeral a [[Charles-François Lebrun]], un antigo cónsul, que terá que facer fronte ao descontento provocado polo bloqueo continental.