Edicto de Milán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 15:
Nun intento por reintegrar o imperio romano baixo unha soa autoridade, Licinio armouse contra Constantino. Como parte do seu esforzo para gañarse a lealdade do exército, Licinio eximiu ó exército e ós funcionarios públicos da práctica da política de tolerancia que impuña o edicto, permitíndolles continuar a persecución de cristiáns. Como consecuencia desta orde, algúns cristiáns perderon as súas propiedades e mesmo a vida. Desde entón sobrevive a lenda que conta que 40 cristiáns en Sevaste, ó negarse a ofrendar viño ós deuses pagáns, foron torturados e encarcerados. Ó rexeitar aínda participar no rito, foron obrigados a manterse de pé nús sobre o xeo do inverno ata a conxelación. Uns cantos cederon e aceptaron renunciar ó cristianismo con tal de acompañar ós soldados nos lumes, á vez que un número semellante de soldados decidiron confesar a súa ata entón secreta devoción ó cristianismo, uníndose a aqueles no xeo. Conta a tradición que descenderon do ceo [[Anxo (cristianismo)|anxo]]s que colocaron coroas nas cabezas dos mártires.
 
No ano 324 volve a guerra entre ambos imperios. Constantino logra vencer o 3 de xullo dese ano ó exército de Licinio na [[batalla de Adrianópole (324)|batalla de Adrianópole]] cercándoo dentro das murallas de [[Bizancio]]. Por outro lado, mercede á vitoria que consegue o primoxénito de Constantino, [[Crispo|Flavio Xulio Crispo]], sobre a flotafrota de Licinio, obriga a este a retirarse a [[Provincia romana de Bitinia|Bitinia]], onde perde o seu último posto o 18 de setembro durante a [[batalla de Crisópole]]. Constantino entón logra o poder absoluto sobre o imperio, e ordena que Licinio sexa internado en [[Tesalónica]], onde intenta alzarse en armas e é executado por traizón.
 
== Características ==