Despotado de Epiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=outubro de 2015}}
O '''despotado de Epiro''' (chamado tamén '''despotado de Arta'''), xurdiu na rexión de [[Epiro]] en [[1204]] tras a caída de [[Constantinopla]] en mans dos [[cruzadas|cruzados]] e a creación do [[Imperio Latino]] de Constantinopla. Existiu entre [[1205]] e [[1358]].
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Epir1205-1230.png|miniatura|dereita|200px|O despotado de Epiro desde a súa fundación ao cénit do seu poder en 1230.]]
En 1204, os cruzados conquistaron Constantinopla e, logo de vencer na [[Batalla de Pemaneo]] (decembro de 1204), entraron en [[Rexión de Bitinia|Bitinia]]. O emperador [[Constantino Láscaris]] morreu na loita en xaneiro do [[1205]] e o seu irmán [[Teodoro I Láscaris]] foi proclamado emperador de [[Imperio de Nicea|Nicea]]. Pero o patriarca de Constantinopla, Camateo (Kamatheos), que fuxira a [[Tracia]], non quixo ir a Nicea para coroalo. Os [[Bulgaria|búlgaros]] invadiron Tracia en febreiro de 1205 acompañados por continxentes [[cumanos]] e, ao mesmo tempo, Teodoro sufriu unha grave derrota fronte aos cruzados, chamados agora ''latinos'', na [[Batalla de Adrametium]]. Os latinos ocuparon case toda Tracia e Bitinia, que converteron en ducados por conta de Saint Pol ([[Ducado de Demótica]]) e do conde Luís de Blois ([[Ducado de Bitinia]]).
 
Os gregos de Tracia rebeláronse e Demótica e [[Edirne|Adrianópolis]] entregáronse aos búlgaros. [[Plovdiv|Filipópolis]], que era cabeceira dun ducado concedido nominalmente a Rainerio de Trith, foi asediada. Nestas condicións, o gobernador bizantino de [[Nicópolis]], [[Miguel I Anxo Comneno]], proclamouse déspota e estendeu os seus dominios establecendo a capital en [[Arta]]. A derrota dos latinos capitaneados polo emperador [[Balduíno I de Constantinopla|Balduíno IX]], conde de Flandres en Adrianópolis ([[14 de abril]] de [[1205]]) supuxo un respiro para Miguel. Luís de Blois morreu, Balduíno foi feito prisioneiro e Godofredo de Villehardouin e o duque [[Venecia|veneciano]] Enrique Dandolo (de 97 anos) conseguiron retirarse a Constantinopla salvando unha parte dos exércitos. Pero Filipópolis foi ocupada polos búlgaros e tiveron que fuxir a Bitinia (maio de 1205) que así puido ser ocupada por Teodoro Lascaris deixando aos latinos Constantinopla e arredores, [[Rodosto]] e [[Selimbria]].
 
 
A rexencia latina pasou a Henrique, conde de Hainaut, irmán de Balduíno, que foi confirmado no mes de xuño. O [[despotado de Sinope|déspota de Sinope]], David Comneno, aliouse con Henrique contra Teodoro Lascaris pero foi derrotado en [[Nicomedia]]. O peso da loita pasou entón á parte occidental onde Bonifacio de Montferrato, rei de [[Tesalónica]], tivo que loitar contra o [[despotado de Grecia|déspota de Grecia]] León Sguros ao que gañou nas [[Termópilas]] asegurándose o dominio de [[Tesalia]]. Outros señores latinos avantsaron máis ao sur: Guillerme de Champlitte e Godofredo de Villehardouin entraron en [[Beocia]] e ocuparon [[Tebas, Grecia|Tebas]] sen loita; despois seguiron ata [[Atenas]] e a illa de [[Eubea]] (tamén chamada Negroponte).
Liña 19:
 
=== Reinado de Teodoro ===
 
En [[1216]], Teodoro asegurouse a fronteira norte cun tratado co duque de [[Rascia]] ( no centro-norte de [[Serbia]]); cos latinos asinou unha tregua. Atacou aos búlgaros e tomou as cidades de [[Prilep]] e [[Ocrida]].
 
Liña 39 ⟶ 38:
 
Teodoro o Cego foi feito prisioneiro de novo en Nicea, onde morreu. Logo dunha campaña de Nicea contra os búlgaros ([[1255]]-[[1256]]) Miguel II, prisioneiro, enviou finalmente ao seu fillo Nicéforo a casar con María, filla de [[Teodoro II Láscaris]] de Nicea, cumprindo o acordo de 1249. A voda celebrouse en Salónica e Teodoro II esixiu como dote os territorios serbios de Miguel II e a cidade de Durazzo. Miguel non puido negarse ao ter ao seu fillo en mans do emperador. Tralo enlace, Miguel invadiu Macedonia e iniciou unha guerra de tres anos ([[1257]]-[[1259]]) na que Miguel obtivo o apoio de Manfredo, rexente de [[Sicilia]] e de Guillerme de [[Morea]] e Oreos que en [[1258]] casou con Ana Comneno Ducas, filla de Miguel II, aportando como dote o territorio do sur de Tesalia; ao ano seguinte ([[1259]]), outra filla de Miguel, Helena Anxo, casou con Manfredo de Sicilia e aportou como dote Albania e [[Kérkyra]].
[[Ficheiro:Epir1252-1315.png|miniatura|dereita|200px|O despotado de Epiro do 1252 ao 1315.]]
En [[1259]] librouse a batalla definitiva: as forzas de Miguel II e os seus aliados enfrontáronse a un exército de Nicea enviado por Miguel VII baixo o mando do seu irmán [[Xoán Paleólogo]]; inicialmente, os serbios ocuparon Skopia ([[Skopje]]) e [[Kosovo]] pero en [[Pelagonia]] os exércitos de Epiro foron derrotados. O rei serbio [[Estevo III Urosh]] retirouse e buscou aliados para facer fronte ao perigo (tratou con [[Hungría]] polo que o seu fillo [[Dragutí]] casou coa neta do rei húngaro).
 
Liña 45 ⟶ 44:
 
=== Morte de Miguel e reparto de posesións ===
En [[1274]], o emperador bizantino Miguel VII, ameazado por Carlos de Anjou que aspiraba ao imperio latino, atacou Albania. DirixíaaDirixía flotaa frota bizantina o [[pirata]] Licario, que se puxo ao servizo do emperador e que tamén ocupou algunhas illas do mar [[Exeo]]. Carlos de Anjou era tamén unha ameaza para Nicéforo Andrónico e en [[1279]] declarouse vasalo do anxevino. En [[1281]] os bizantinos atacaron a Carlos nas súas posesións albanesas, concretamente en [[Berat]], e obtiveron unha vitoria parcial. Pero, no verán, Carlos reuniu continxentes de [[Francia]], enviados do Papa, Serbia, Bulgaria, Acaia, Tesalia, Epiro, Atenas e Venecia, e restaurou o control sobre Albania. A morte de Miguel Paleólogo e as [[vésperas sicilianas]] puxeron fin ás loitas en [[1282]]. En [[1290]] morreu o déspota de Tesalia sen sucesión e os seus territorios pasaron á liña de Epiro, representada por Nicéforo Andrónico. Este morreu en [[1296]] e foi sucedido polo seu fillo Tomé, baixo rexencia da súa curmá Ana.
 
En [[1274]], o emperador bizantino Miguel VII, ameazado por Carlos de Anjou que aspiraba ao imperio latino, atacou Albania. Dirixíaa flota bizantina o [[pirata]] Licario, que se puxo ao servizo do emperador e que tamén ocupou algunhas illas do mar [[Exeo]]. Carlos de Anjou era tamén unha ameaza para Nicéforo Andrónico e en [[1279]] declarouse vasalo do anxevino. En [[1281]] os bizantinos atacaron a Carlos nas súas posesións albanesas, concretamente en [[Berat]], e obtiveron unha vitoria parcial. Pero, no verán, Carlos reuniu continxentes de [[Francia]], enviados do Papa, Serbia, Bulgaria, Acaia, Tesalia, Epiro, Atenas e Venecia, e restaurou o control sobre Albania. A morte de Miguel Paleólogo e as [[vésperas sicilianas]] puxeron fin ás loitas en [[1282]]. En [[1290]] morreu o déspota de Tesalia sen sucesión e os seus territorios pasaron á liña de Epiro, representada por Nicéforo Andrónico. Este morreu en [[1296]] e foi sucedido polo seu fillo Tomé, baixo rexencia da súa curmá Ana.
 
No ano [[1300]], Xoán Orsini, fillo do conde de [[Cefalonia]], construíu unha fortaleza nas illa de [[Leucas]] que dependía de Epiro pero que reclamaban os de Orsini. Tomé de Epiro casou en [[1304]] cunha neta do emperador Andróníco II de Bizancio, fortalecendo o partido probizantino, mentres o partido anxevino, representado por Tamara, irmá de Tomé, perdía forza. En [[1310]] producíronse combates coa compañía catalá dos [[almogávares]] que acababan de saír de Tesalia e entraran ao servizo do duque Gualterio de Atenas.
 
=== O fin do despotado ===
 
Tomé morreu asasinado sen sucesión masculina. Ana Anxo herdou o despotado e, ao estar casada con Giovani de Orsini de Cefalonia, iniciouse a "dinastía Orsini". O fillo de Xoán, Nicolás, casou coa viúva de Tomé.
[[Ficheiro:Epir1315-1358.png|miniatura|dereita|200px|O despotado de Epiro do 1315 ao 1358.]]
En xullo de [[1315]], [[Fernando de Mallorca]] desembarcou en Acaia e ocupou algunhas cidades co apoio dalgúns baróns. Aproveitando a confusión, Xoán Orsini tamén invadiu a rexión; algúns dos baróns xuráronlle lealdade. [[Luís de Borgoña]] desembarcou en Acaia e derrotou a [[Fernando de Mallorca]] en Manolada ([[5 de xullo]] de [[1316]]). Os baróns pasáronse ao seu bando pero Luís morreu asasinado no mes de setembro.
 
Xoán I Orsini morreu en [[1317]] e foi sucedido polo seu fillo Nicolás. A esposa de Nicolás, [[Ana Paleólogo]], envelenouno en [[1323]], coa esperanza de someter Epiro e Cefalonia ao [[Imperio Bizantino]], gobernado polo seu pai [[Andrónico II Paleólogo|Andrónico II]]. Pero o príncipe de Acaia, Xoán de Gravina, ocupou Cefalonia e declarouna feudo de Acaia, instalando no trono como vasalo a Nicéforo I, fillo de Ana e Nicolás; na zona continental, Xoán II Orsini, irmán de Nicolás, foi recoñecido polos señores. Xoán II seguiu a mesma sorte que Nicolás e morreu tamén asasinado pola súa esposa grega.
 
O fillo menor de idade Nicéforo II foi proclamado e Ana exerceu a rexencia establecendo unha forte alianza co Imperio Bizantino. En [[1336]], Ana entregou o poder a Bizancio. O xove Nicéforo II foi sacado do país e levado a Nápoles polo partido antibizantino. Cando en [[1337]] as tropas enviadas polo emperador ían tomar posesión, Nicéforo II, que obtivera a axuda de Catarina de Valois-Courtenai que lle entregou unha flotafrota, presentouse coas naves e librou unha batalla; foi derrotado pero as tribos albanesas non aceptaban a presenza dos bizantinos e rebeláronse. Ocuparon Timorón e asediaron algunhas fortalezas bizantinas. Os bizantinos, mellor armados e coa axuda das tropas do emir de Aidin, pasaron á ofensiva, derrotando aos rebeldes e reconquistando Timorón. Os máis beneficiados foron os serbios que ocuparon algunhas rexións de Albania. Xoán Anxo foi designado gobernador ou déspota vasalo de Bizancio.
 
En [[1340]], Nicéforo II volveu presentarse cos restos da súa flotafrota e os barcos obtidos en Nápoles pero foi derrotado polo déspota bizantino de Epiro coa axuda das tropas enviadas polo gobernador de Salónica. Nicéforo II, ao ver que todo estaba perdido, someteuse ao emperador, renunciando aos seus dereitos e contraendo matrimonio con María, filla do influente [[Xoán VI Cantacuzeno|Xoán Cantacuzeno]], establecéndose en Constantinopla. Os anos seguintes, Epiro pasou a mans do rei de Serbia, [[Estevo Dushan]]. En [[1355]], á morte de Dushan, as tribos albanesas sometidas quedaron libres, especialmente os Balsha (ao norte) e os Thopia (ao sur). Nicéforo II regresou a Epiro e foi recoñecido déspota. En [[1358]] morreu nun combate contra os serbios e o xefe albanés [[Carlos Thopia]] fíxose amo da rexión, dando fin ao despotado.
 
[[Categoría:Imperio Bizantino]]