Zenón (emperador): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Tarasicodissa, como era coñecido na súa mocidade, foi un guerreiro [[Isauria|isaurio]] da rexión que na actualidade é [[Armenia]]. Considérase que os isaurios eran os antepasados dos actuais [[kurdos]] e os romanos tíñanos por [[bárbaros]] malia que foran cidadáns romanos durante máis de dous séculos. Así, unha serie de afortunados sucesos levarían finalmente a Zenón ao trono de [[Constantinopla]].
 
A súa fama como guerreiro non pasaría desapercibida ao emperador [[León I, Emperador|León I]] a mediados da década de 460, cando León estaba buscando alternativas ao crecente uso no seu exército de mercenarios pouco fiábeis procedentes de distintos [[pobos xermánicos]]. En [[466]] Tarasicodissa desenmascarou a traizón de [[Ardaburio]], o fillo de [[Flavio Ardabur Aspar|Aspar]], o ''[[magister militum]]'' [[alano]] para Oriente, e fíxose así aínda máis indispensábel. Cara a [[468]], cando os xerais de León conduciron á flotafrota bizantina ao desastre na campaña contra os [[vándalos]], Tarasicodissa pasou a ser considerado o mellor xeneral do emperador León. Durante unha campaña en [[Tracia]], escapou por pouco dun asasinato instigado por Aspar. Cando Tarasicodissa volveu á capital, deuse morte a Aspar por orde de León, e Tarasicodissa obtivo o cargo de ''magister militum'' por propio dereito.
 
Para resultar máis facilmente aceptado pola xerarquía romana e a poboación grega de Constantinopla, Tarasicodissa adoptou o nome grego de Zenón, que usaría durante o resto da súa vida, tralo seu matrimonio con Ariadna, a filla de León, en [[468]]. Aínda que este matrimonio tiña a finalidade de que León se asegurase o apoio isaurio fronte ao ambicioso ministro Aspar, o acordo político daría lugar a un fillo que chegaría a ser o emperador [[León II, Emperador|León II]] trala morte do seu avó en [[473]].