Diego Velázquez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
m ref
Liña 64:
{{Artigo principal|As Meninas}}
[[Ficheiro:Las Meninas 01.jpg|miniatura|300px|''[[As Meninas]]'', (1656). ''318x276cm.'' Este cadro é considerado o cumio da súa pintura. A súa luz fai sentir como verdadeiro o aire da habitación.<ref name="Perez13">[[#PerezEscuela|Pérez Sánchez]], ''Escuela espanola'', p. 118.</ref>]]
Velázquez atopábase, despois da súa segunda viaxe a Italia, en plena madureza vital e artística. En 1652 fora nomeado apousentador maior de palacio dispoñendo de pouco tempo para pintar, pero aínda así os escasos cadros que realizou nesta última etapa da súa vida considéranse excepcionais. En 1656 realizou ''As Meninas''.<ref name="csa">''[[#Calvo|Calvo Serraller]]''; Las Meninas de Velázquez; p. 9-30</ref><ref name="psa">[[#PerezSanchez|Pérez Sánchez]]; Velázquez, Catálogo Exposición 1990; p. 46-50</ref> Trátase dunha das obras máis famosas e controvertidas do noso tempo. Grazas a Palomino sabemos os nomes de case todos as personaxes. No centro aparece a infanta Margarita, asistida por dúas damas de honor, tamén coñecidas como ''meninas''. Na dereita están dúas personaxes da corte, que padecían [[ananismo]], [[Mari Bárbola|María Bárbara Asquín]] e [[Nicolasito Pertusato|Nicolás Pertusato]], este último dando un golpe a un [[can]] tumbado en primeiro plano. Detrás, en penumbra, aparecen unha dama de compañía e un [[garda de corps]], ó fondo, na porta, José Nieto, [[apousentador]] da raíña. Á esquerda pintando un gran lenzo que se ve por detrás, atópase Diego Velázquez. No espello adivíñanse os reis, [[Filipe IV de España|Filipe IV]] e a súa muller Mariana.<ref name="JB40">[[#BrownTecnica|Brown]], ''Velázquez. La técnica del genio'', pp. 181-194.</ref> Este cadro pintouse para ser colocado no despacho de verán do rei.<ref name=psa>[[#PerezCatalogo|Pérez Sánchez]]; Velázquez, Catálogo Exposición 1990; p. 46-50</ref>
 
Para Gudiol ''As Meninas'' supoñen a culminación do seu estilo pictórico nun proceso continuado de simplificación da súa técnica pictórica, primando o realismo visual sobre os efectos do debuxo. Na súa evolución artística Velázquez entendeu que para plasmar con exactitude calquera forma só se precisaban unhas poucas pinceladas. Os seus amplos coñecementos da técnica pictórica permitíronlle determinar cales eran esas pinceladas e a intuición de darllas no lugar xusto ao primeiro toque, sen reiteracións nin rectificacións.<ref name="ga">[[#Gudiol|Gudiol]]; Velázquez; p. 289-290</ref>