Abrir o menú principal

Cambios

m
En todo caso, este texto encóntrase divido en dez partes, conformando cada parte cadanseu libro:
 
# '''Da Creación do Mundo e a Diáspora das Nacións'''; Nesta parte relátase a xénese celta, influenciada xa pola cosmogonía cristiá. Encóntranse trazas de varias obras da antigüidade, en especial de ''[[De Civitate Dei]]'' ([[Agostiño de Hipona]]), ''Historiae adversum paganos'' ([[Orosio]]), a ''Crónica'' de [[Eusebio de Cesarea]], traducida ó latín por [[San Xerome]] e a ''Etimoloxías'' de [[Isidoro de Sevilla]]. Esta é unha parte de natureza netamente mitolóxica que somete ós mitos pagáns célticos e pre-gaélicos a unha reinterpretación condicionada pola mitoloxía xudeu-cristiá.
# '''Da Historia dos Celtas dende a Diáspora das Nacións ata a Chegada a Irlanda''': Neste libro sitúase a orixe dos celtas gaélicos como descendentes do rei Fénius Farsaid, un dos setenta e dous próceres que construíron a Torre de Nimrod ([[Torre de Babel]]). A lingua irlandesa nace cando o seu avó Gaedel Glas a toma como unha das setenta e dúas linguas nas que se divide o mundo ca caída da torre. Este únese a Scotta, filla do Faraón de Exipto e ó igual que nos tempos de [[Moisés]] comezan un éxodo de catrocentos corenta e catro anos, chegando ó final deles a [[Hispania]]. Un dos seus descendentes, [[Breogán]], funda alí a cidade de [[Brigantium]] e nela constrúe unha torre dende a que o seu fillo [[Ith]] podía ver [[Irlanda]]. Trátase da [[Torre de Hércules]]. Este mito permanece na cultura galega, formando parte da identidade galega, estando presente no Himno nacional, onde se lle chama a [[Galiza]] a ''Nazón de Breogán''.
# '''Do Pobo de Cessair''': No terceiro libro cóntase a historia de Cessair, filla de Bith ([[Noé]]?) que avisa ao seu pai da chegada do [[Diluvio Universal]]. Conseguen partir en barcos feitos de árbores pero só chegan ao seu destino, Irlanda, un dos tres barcos. Neles vai ela, Cessair, con outras corenta e nove mulleres e só tres homes (o seu pai, o seu compañeiro Fintán Mac Bóchra e o temoneiro Ladra). As mulleres escollen ao seu home, de forma que Cessair e outras dezaseis mulleres elixen a Fintán; outras dezaseis, xunto con Bairrfhind, compañeira de Cessair, elixen ao seu pai. As restantes dezaseis elixen a Ladra, que morre pouco despois sendo o primeiro home a ser soterrado en terra irlandesa. Corenta días despois chega o Diluvio, e Fintán logra sobrevivir refuxiándose durante un ano nunha cova baixo as augas. Chamado o Ancián Branco, vive durante 5500 anos trala Inundación e presenza os seguintes asentamentos celtas baixo a forma dun salmón, unha aguia e un falcón sucesivamente.
19.690

edicións