Raios X: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎A busca: arranxos ortográficos
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎A busca: quito ligazón que pode ser repetido
Liña 16:
En [[1887]], o alemán [[Heinrich Rudolf Hertz]], produciu as primeiras ondas electromagnéticas artificiais ([[ondas de radio]]), usando consellos de [[Hermann von Helmholtz]]. Entre outras cousas, Helmholtz suxeriu que unha radiación electromagnética de alta frecuencia debería interactuar fortemente coa materia, á semellanza das [[son|ondas sonoras]] nun instrumento de cordas. Suxeriu tamén que estas ondas poderían ser moi penetrantes.
 
Helmholtz chegou a indicar o instrumento adecuado para producir esas ondas penetrantes: a [[ampola de Crookes]], chamada na época [[tubo de Crookes]], onde eran xerados os misteriosos ''[[raios catódicos]]''.
 
Moitos científicos en [[Europa]] comezaron a procurar ese tipo de radiación. Entre eles, o maior especialista en raios catódicos de [[Alemaña]], [[Philipp Eduard Anton von Lenard|Philipp Lenard]].