Suicidio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
m + ligazons internas
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:Tasa de Suicidios en España(INE).PNG|miniatura|300px|Suicidios en España(INE) 2007]]
O '''suicidio''' (do [[latín]] ''sui caedere'', "matar a un mesmo") é o acto de quitarsequitar a propia [[vida]]. Moitas relixións considérano un [[pecado]], e nalgunhas [[xurisdición]]s aínda se considera un [[delito]]. Por outra parte, algunhas [[cultura]]s veno como unha forma honorable de escapar dalgunhas situacións humillantes, sen escapatoria ou dolorosas en extremo.
 
== Introdución ==
 
Para considerarse suicidio, a [[morte]] debe ser un elemento central e o motivo do acto, e non só unha consecuencia case ineludible. Así, os homes-bomba e os [[mártir]]es non son considerados suicidas, dado que uns morren como consecuencia da explosión que eles mesmos provocan, e os outros sacrifícanse en nome dunha crenza. Tampouco son suicidas os que se sacrifican por outros en caso de emerxencias nin os [[soldado]]s que loitan nunha guerra, e nestes casos, os mortos non son proscritos pola [[relixión]] nin pola lei. No caso de que o suicidio teña consecuencias legais, a [[lei]] recolle que debe haber proba de intención de morrer, así como a propia morte, para que o acto sexa considerado un suicidio. Pode que dito proceso sexa custoso en caso de [[Discapacidade|minusvalía]] e teña que depender dos demais, entrando nunha dinámica de cómplice de suicidio posiblemente penado con [[cárcere]].
 
== O suicidio e a lei ==
Liña 12:
== Valoracións morais do suicidio ==
 
A [[teoloxía]] di que mentres para algúns o suicidio consiste en “darse a morte directamente a si mesmo”, para outros, simplemente é “darse a morte a si mesmo”, e aclara que se ben ámbalas dúas opinións son semellantes, teñen matices distintos. Mentres que para os primeiros o suicidio directo é sempre intrinsecamente malo, para os segundos, o suicidio directo é sempre pecaminoso, pero o suicidio indirecto non o é. Precisamente, debemos entender que o suicidio directo é aquel no que o ser humano busca mediante un acto que por si mesmo pode causar a [[morte]], mentres que no indirecto, a persoa dáse morte sen procurala libremente.
 
Unha clasificación posible das tantas que se poden facer é a que divide os suicidios en:
* Os ''vicariantes'': adiantan ou aceleran o acto da morte que semella próxima, coa xustificación de que non hai esperanzas e só cren ver ó seu redor sufrimentos e nada pode compensar o período de espera.
* Os ''perfeccionistas'': non toleran calquera diminución dos atributos á súa persoa, o mesmo na [[beleza]] que na potencia sexual, ou un defecto calquera, menoscabo económico ou social, ou a perda do poder e prestixio.
* Os ''hedonistas'': non soportan nada que constitúa un impedimento ou unha diminución do pracer de predominio sensual.
* Os ''transicionais'': ante certas crises vitais de transición inevitables, optan polo suicidio.
Liña 32:
Foi a partir do [[século XIX]] cando se perdeu ese sentido de socialización, inserto na ritualidade. A sociedade emerxente refugou aquel paradigma medieval. A morte foi liberada e pasou ó dominio privado, o cadáver era velado na casa, sepultado en familia, e nese sentido a morte pasou a depender cada vez máis da vontade do individuo. Deste modo, a sociedade occidental desvinculouse da morte e do suicidio en particular.
 
O suicidio era, tempo atrás en occidente, algo vergoñento para a familia; era sinónimo de debilidade, de [[enfermidade]] ou de conduta inadecuada, e por iso poucos ou case ninguén o daban a coñecer. Actualmente as cousas son distintas, xa que este acto vese como un síntoma de enfermidade e é aceptado, o que aumentou as taxas de mortos por suicidio de modo alarmante. É un problema no que parece haber consenso entre sociólogos, psicólogos, psiquiatras, antropólogos e demógrafos, cando o consideran como un trazo da modernidade, un dos males do [[século XX]].
 
== Visión sociolóxica do suicidio ==