Traxano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 106:
A cristianización de Roma deu como resultado un maior embelecemento da súa lenda: dicíase na época medieval que o papa [[Gregorio I]], a través da intercesión divina, resucitara a Traxano de entre os mortos bautizárao na fe cristiá. Un relato disto aparece na Lenda Áurea. Entre os teólogos cristiáns medievais, como [[Tomás de Aquino]], foi considerado como exemplo de pagán virtuoso. Tamén [[Dante]] viuno, na súa ''[[Divina Comedia]]'', como un dos seis maiores espíritos pola súa xustiza e valor.
 
Modernamente, o historiador do século XVIII [[Edward Gibbon]] incluíu a Traxano entre os cinco emperadores que gobernaron o gran territorio do Imperio romano "por un poder absoluto, guiado pola virtude e a sabedoría", considerando que se se pedise a calquera que determinase o período da Historia do mundo en que a condición humana foi máis próspera e feliz, mencionaría sen dubidar a que se estende entre a morte de Domiciano até o ascenso de [[Cómodo]]<ref>[[Edward Gibbon|Gibbon, E.]], ''[[Historia de la decadencia y caída del Imperio romano]]'', edición abreviada por Dero A. Saunders, Alba Editorial, Barcelona, 2001, pág. 88.</ref>.
 
Romanía, país cuxos alicerces se atopan no reino dacio, conquistado por Traxano, inclúe no seu himno nacional, ''Esperta, romanés!'', unha estrofa que fai alusión a el e di: ''E que nos nosos corazóns gardamos con orgullo un nome / triunfante nas batallas, o nome de Traxano!'' (trad. do romanés).