China (rexión): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: TAWb
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
China é o berce dunha das civilizacións continuas máis antigas do mundo, presente en estados e culturas que se remontan até seis milenios atrás. Posúe o [[escritura chinesa|sistema de escritura]] de uso continuo máis antigo e foi o lugar onde se produciron numerosos inventos de moita importancia, tanto é así que o erudito [[Gran Bretaña|británico]] [[Joseph Needham]] denominou as "catro grandes invencións da China Antiga": o [[papel]], o [[compás (navegación)|compás]], a [[pólvora]] e a [[imprenta]]. Historicamente, a esfera cultural da China estendeuse a través do leste de Asia en todas as súas formas: a súa relixión, os seus costumes e o seu sistema de escritura foron adoptados en diversos graos polos seus veciños, tales como [[Xapón]], [[Corea]] e [[Vietnam]].
 
A primeira evidencia de presenza humana na rexión encontrouse na cova de [[Zhoukoudian]], e é un dos primeiros espécimsespécimes do ''[[Homo erectus]]'', que é máis coñecido como o [[home de Pequín]], e que se estima que viviu aproximadamente entre 300.000 e 550.000 anos atrás.
 
[[Categoría:Asia]]