Ciro II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Familia real: traduzo contido de es.wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
tradución de ca.wiki
Liña 48:
=== Campañas posteriores e morte ===
Cara ao [[-529]], Ciro emprendeu unha campaña contra os nómades [[escitas]] do nordeste do imperio, concretamente a tribo dos [[masaxetas]], deixando ao seu fillo Cambises como herdeiro co título de rei de Babilonia. Segundo informes posteriores ([[Flavio Arriano|Arriano]], ''Anábase'') fundou unha cidade preto do [[Sir Darya]], Cirópolis ou Kurushkatha. En todo caso, foi superado e morto polos escitas. Foi sucedido polo seu fillo [[Cambises II]].
 
==O cilindro de Ciro==
{{AP|Cilindro de Ciro}}
[[Ficheiro:Cyrus Cylinder BM ME90920.jpg|miniatura|250px|O [[Cilindro de Ciro]].]]
Despois da conquista, Ciro fixo unha declaración que se escribiu en [[acadio]] [[Escritura cuneiforme|cuneiforme]] nunha xerra de arxila coñecida como o [[cilindro de Ciro]], na que se fai mención das súas vitorias e actos, e documéntase a súa liñaxe real (a familia dos [[Aqueménidas]]). Este cilindro, que se vai depositar nas bases de [[Esagila]] (o templo de [[Marduk]] en [[Babilonia]]) como depósito de fundación despois da conquista persa o [[539 aC]]. foi descuberto en Babilonia o [[1879]] e está hoxe en día no [[Museo Británico]].<ref>H.F. Vos, "Arqueoloxía de Mesopotamia", páx. 267 en ''A Enciclopedia de Biblia Estándar Internacional'', edición. Geoffrey W. Bromiley. Wm. B. Editorial Eerdmans, 1995. ISBN 0-8028-3781-6</ref>
O cilindro tamén incluía un catálogo de medidas políticas: tolerancia relixiosa, abolición da escravitude, liberdade de elección da profesión, e expansión do imperio. O cilindro menciona tamén a submisión dos reis de tendas, que se refire a pobos nómades de Arabia; os reis de palacios refírese a reis de [[Fenicia]] e [[Siria]].
 
== Familia real ==
Liña 56 ⟶ 62:
== O Imperio ==
=== Ideoloxía e propaganda imperial ===
[[Ficheiro:Cyrus Cylinder BM ME90920.jpg|miniatura|250px|O [[Cilindro de Ciro]].]]
[[Ficheiro:Cyrus II le Grand et les Hébreux.jpg|miniatura|Ciro II o Grande e os hebreos]]
O persa é un imperio universalista. Ademais de "rei de Anshan" (moi usual) e "rei de Persia", Ciro asume os títulos de "rei do Mundo" e de "rei dos catro extremos da Terra", ambos de orixe babilonia, así como "rei de Babilonia" e o arcaizante "rei de [[Sumer]] e [[Acad]]". Ocasionalmente chámano tamén "rei de [[Irán]]" (documentos de Babilonia e [[Ur]]), en referencia aos seus súbditos iranios (persas, medos, bactrianos etc.) da parte oriental do Imperio.