Ciro II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
outro para a malla
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 38:
 
=== As provincias orientais ===
[[Ficheiro:Standard of Cyrus the Great (White).svg|miniatura|Estandarte de Ciro.]]
Existe un problema sobre cando foron conquistadas as provincias orientais do Imperio, que corresponden aos actuais [[Afganistán]], [[Taxiquistán]], [[Uzbequistán]] e [[Turkmenistán]]. Eran habitadas por [[Sogdiana|sogdianos]], [[Bactriana|bactrianos]] e [[Aria (satrapía)|arios]], pobos de orixe irania [[pobos indoeuropeos|indoeuropea]] e emparentados estreitamente con medos e persas. Son mencionadas como satrapías (provincias) persas no ano [[-521]] ([[inscrición de Behistún]]), polo que necesariamente formaban parte do Imperio de Ciro (o seu sucesor Cambises II non puido conquistalas xa que as súas campañas concentráronse en Exipto). Ciro puido telas herdado do reino medo, ou telas conquistado trala anexión de [[Reino de Lidia|Lidia]], segundo se pode supoñer dos historiadores gregos [[Heródoto]] e [[Ctesias]].