Ciro II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 24:
 
=== Conquista de Lidia ===
[[Ficheiro:Kroisos stake Louvre G197.jpg|miniatura|250px|Vaso grego que representa ó rey lidio [[Creso]], a piques de ser incinerado nunha pira por orde de Ciro.]]
 
A fronteira occidental da área de influencia meda era o [[río Halys]] ([[Anatolia]], actual [[Turquía]]), que a separaba do [[reino de Lidia]]. [[Creso]], rei de Lidia, era cuñado do deposto Astiaxes, existindo xa que logo unha alianza matrimonial entre os dous reinos. Segundo Heródoto, consultou ao [[oráculo de Delfos]] sobre a conveniencia de atacar aos persas, e este respondeulle que se o facía, destruiría un gran imperio. Entón, Creso cruzou o río Halys e enfrontouse con Ciro en [[batalla de Pteria|Pteria]], non lográndose unha vitoria definitiva para ningún dos dous bandos. Creso retirouse para pasar as estacións frías e esperar reforzos do seu aliado [[Amasis II]] de Exipto e da cidade grega de [[Esparta]], pero foi perseguido polos persas ata a súa capital, [[Sardes]], e sitiado. Sardes caeu e, a piques de ser queimado na fogueira, a vida de Creso foi perdoada por Ciro. O gran imperio destruído terminaba sendo, entón, o seu propio.