Alfabeto latino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Letras: arranxiño
Liña 91:
 
=== Extensión dos grafemas fundamentais ===
Os límites intrínsecos a este alfabeto, relativamente limitado en número de signos diferentes, foron sobrepasados rapidamente cando pasou a usarse para transcribir outras linguas cun [[fonoloxía|sistema fonolóxico]] diferente do do latín. Por exemplo, o alfabeto latino orixinario non permitía notar o son [ʃ] de '''''x'''ogo''. Na actualidade cada vez é máis frecuente que a [[transcrición]] ou a [[transliteración]] dunha escritura non latina se faga mediante letras latinas (que dan unha grande parte dos carácterescaracteres do [[Alfabeto Fonético Internacional]] e doutros). Fálase neste caso dunha [[Romanización (lingüística)|romanización]]. Finalmente, numerosas linguas que quedaran sen [[escrita]] adoptaron o alfabeto latino, como é o caso das [[linguas de África]], que poden seguir o [[alfabeto pan-nixeriano]] ou o [[alfabeto africano de referencia|alfabeto internacional de Niamey]].
 
Para adaptar o alfabeto latino a estas situacións os escribas [[Idade Media|medievais]] e os impresores do [[Renacemento]] atoparon distintas solucións, moitas delas vixentes hoxe en día.