Ciro II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Nome: quito negras non necesarias
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Orixes: arranxos varios
Liña 12:
Ciro era fillo de [[Cambises I]] de Anshan, da dinastía [[aqueménida]], e, segundo [[Heródoto]], de Mandane, filla do rei medo [[Astiaxes]] e de Aryenis, princesa do [[reino de Lidia]]. Isto proporciónalle certa lexitimidade sobre os tronos de Media e Lidia, polo que se pode tomar como un invento da propaganda oficial; no entanto, as alianzas dinásticas eran usuais. Os antecesores de Ciro lideraban os grupos persas establecidos na zona montañosa do leste do antigo reino de [[Elam]] (suroeste do actual [[Irán]]) desde principios do [[século -VII]], baixo [[Aquemenes (rei)|Aquemenes]], lendario fundador da dinastía Aqueménida. Ostentaban o título de "rei de [[Anshan, Persia|Anshan]]", cidade de forte tradición elamita, e desde o [[século -VI]] eran vasalos do reino de Media. A residencia real de Ciro situábase en [[Pasargadas]], preto de Anshan; non obstante é probábel que xa se utilizase [[Susa]], outro antigo centro urbano do suroeste de [[Elam]], como capital alternativa.
 
O avó de Ciro II, [[Ciro I]] de Anshan, podería ser identificado co Ciro de Parsumas mencionado polo rei asirio [[Asurbanipal]] cara ao [[-647]]. Isto situaría a data de nacemento de Ciro preto do [[-600]], o que coincide cocos reporteescritos do historiador grego [[Dinón]] (citado por [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]] en ''De Divinatione''). En caso contrario, preferiríanse datas máis tardías, ao redor do ano [[-580]].
 
Certas inscricións achadas en [[Ecbatana]] (Media, ao norte de Irán) indicarían que Ariaramnes e [[Arsames]], membros dunha casa colateral da dinastía, reinarían en correxencia de Ciro I e Cambises I <ref>[http://www.avesta.org/op/op.htm Old Persian texts] {{en}}</ref>. No entanto, por razóns de estilo e de contexto histórico, polo xeral considéranasson consideradas falsificacións, ou ben obra do posterior do rei [[Darío I]] (neto de Arsames e bisneto de Ariaramnes), ou ben modernas.
 
== Expansión ==