Virginia Beach, Virxinia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Relixión: Cambios
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 89:
Virxinia Beach é fogar de 210 parques da cidade, abarcando máis de catro mil acres (1.600 ha), incluíndo parques veciñais, parques comunitarios, parques de distrito e outros espazos abertos. Cada parque é único: dende os grandes espazos abertos para parques infantís, refuxios para picnic e campos de xogos de pelota.
 
O Parque do Monte Trashmore é claramente visible desde a I-264 cando se viaxa cara a costa. O parque ten cento sesenta e cinco hectáreasacres (67 ha). Foi creado pola compactación de capas de residuos sólidos no chan limpo. É o punto máis alto de Virxinia Beach. O parque tamén conta con dous lagos: o Lago Windsor e o Lago Trashmore. Este último está repleto de fauna piscícola, pero é insalubre para a pesca. Os residentes tamén poden desfrutar dun parque de skate.
 
Outro parque importante na cidade é o Parque Great Neck, duns setenta acres (28 hectáreas), que está situado no distrito de Lynnhaven. As instalacións inclúen cinco albergues para grandes grupos, mini-refuxios, mesas de picnic e parrillas familiares, parques infantís, canchas de voleibol, máquinas expendedoras, sendeiros para camiñar, catro campos de béisbol, así como un miradoiro situado ao final dun camiño panorámico con vistas ao río Lynnhaven.