Virginia Beach, Virxinia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxos de redación e ortografía
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 92:
Virxinia Beach é fogar de 210 parques da cidade, abarcando máis de catro mil acres (1.600 ha), incluíndo parques veciñais, parques comunitarios, parques de distrito e outros espazos abertos. Cada parque é único: dende os grandes espazos abertos para parques infantís, refuxios para picnic e campos de xogos de pelota.
 
O Parque do Monte Trashmore é claramente visible desde a I-264 cando se viaxa cara a costa. O parque ten cento sesenta e cinco hectáreas (67 ha). Foi creado pola compactación de capas de residuos sólidos no chan limpo. É o punto máis alto de Virxinia Beach. O parque tamén conta con dous lagos: o Lago Windsor e o Lago Trashmore. Este último está repleto de fauna piscícola, pero é insalubre para a pesca. Os residentes tamén poden disfrutardesfrutar dun parque de skate.
 
Outro parque importante na cidade é o Parque Great Neck, duns setenta acres (28 hectáreas), que está situado no distrito de Lynnhaven. As instalacións inclúen cinco albergues para grandes grupos, mini-refuxios, mesas de picnic e parrillas familiares, parques infantís, canchas de voleibol, máquinas expendedoras, sendeiros para camiñar, catro campos de béisbol, así como un miradoiro situado ao final dun camiño panorámico con vistas ao río Lynnhaven.
 
O Back Bay National Wildlife Refuge, creado en 1938, ten oito mil acres (32 km² de auga doce) que limita co Océano Atlántico ao este e co Back Bay no oeste. As illas de barreira ofrecen grandes dunas de area, bosques marítimos, pantanos de auga doce, lagoas, mar, praia e encoros grandes para a invernada de aves de caza. Está administrado polo "''USA Fish & Wildlife Service''". First Landing State Park e False Cape State Park tamén están localizadas en áreas costeiras dentro dos límites corporativos da cidade. Ámbolos ofrecen facilidades para acampar, cabanas e actividades recreativas ao aire libre, ademáisademais de excursións na natureza e na historia.
 
Münden Point é un parque rural situado na parte máis profunda do sur da cidade. Ademais, as 3 millas (4,8 km) do paseo marítimo fronte ao mar están a miúdo ateigadas de xente que buscan entretemento, cafés ao aire libre e concertos. Feito de formigón, o paseo marítimo enlaza corenta hoteis e outras atraccións, ademais de contar cun carril para bicicletas.